- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
Apertura do prazo para a retirada das publicacións presentadas polo persoal participante nos concursos de traslados convocados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores de Educación (cursos 2019/2020 e 2020/2021). Inclúense, de ser o caso, os concursos específicos: orientación e adultos.
O persoal interesado deberá solicitar cita previa cun mínimo de 2 días de antelación a data na que se pretende retirar a documentación, enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: cxt.publicacions@edu.xunta.es .
No correo que se envíe deberase indicar: *Corpo polo que participou, DNI, apelidos e nome, teléfono móbil e a data na que quere retirar a documentación.
No caso de que non sexa posible adxudicar a cita na data solicitada, enviarase un correo á persoa solicitante para que seleccione unha nova data entre as dispoñibles.
O prazo para retirar as publicacións será dende o día 28 de xuño ata o 16 de xullo de 2021, (ambos os dous incluídos), en horario de 10.00 a 13.00 horas.
A recollida realizarase na Oficina de Información da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781-Santiago de Compostela.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
De conformidade co establecido na base trixésimo cuarta da Orde do 19 de outubro de 2020 (DOG do 30 de outubro), a toma de posesión dos novos destinos adxudicados, que se realizará na xefatura territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2021, polo que o cesamento nos centros anteriores expedirase con efectividade do 31 de agosto de 2021.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA SECUNDARIA
LIGAZÓN Á PÁXINA DA CONSELLERÍA
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres.
Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base vixésimo novena da Orde do 19 de outubro de 2020, cabe reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na citada páxina web.
O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións: dez (10) días hábiles
Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.
As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base vixésimo segunda e remitiranse ademais por correo electrónico ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.gal dentro do prazo establecido.
Adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.
PERSOAS EXCLUÍDAS DE SECUNDARIA
XUBILACIONS PREVISTAS POR PROVINCIAS |
|
A CORUÑA |
|
LUGO |
|
OURENSE |
|
|
|
PONTEVEDRA |
|