Adxudicación provisional do concurso de traslados para o para os corpos de PES, EOI, Música, Inspección e Artes
04 de Marzo de 2021

Adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base vixésimo novena da Orde do 19 de outubro de 2020, cabe reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na citada páxina web. O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións.



Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.



As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base vixésimo segunda e remitiranse ademais por correo electrónico ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.gal dentro do prazo establecido.

  • O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 5 de marzo ata o 18 de marzo, ambos incluídos.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL

PERSOAS EXCLUÍDAS DE SECUNDARIA

TODA A INFORMACIÓN