Concurso Específico de Adultos de primaria: Adxudicación provisional.
11 de Marzo de 2021

Resolución e adxudicación provisional do concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base décimo sexta da Orde do 13 de novembro de 2020, cabe reclamación no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na citada páxina web.

O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións.

Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.

As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base décimo primeira e remitiranse ademais por correo electrónico, dentro do prazo establecido, ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.gal

  • O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 12 de marzo ata o 18 de marzo, ambos incluídos.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL ADULTOS DE PRIMARIA

TODA A INFORMACIÓN DA PÁXINA DA CONSELLERÍA