Concursos de traslados 2023-24

  • Concursos y movilidad
  • Traslados

4 de octubre de 2023

 

 

 

Instrucións para a toma de posesión do profesorado

 

  • ADXUDICACIÓN DEFINITIVA (Publicación en Portal Educativo 22/03/2024)

Contra esta resolución definitiva, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente, ambos os dous casos  contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • VACANTES DEFINITIVAS

Todas as vacantes definitivas que figuran nos anexos desta resolución poderán ser obxecto do concurso de traslados.

 

 

  • ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS

 

 

 

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE INSTANCIAS (07/02/2024)

Publicación de solicitudes de participación co baremo actualizado e apertura de reclamacións por correo electrónico do concurso xeral de traslados, e dos  concursos específicos de orientación e de adultos para o curso académico 2023/24

A partir de hoxe día 7 de febreiro de 2024 o persoal concursante poderá consultar o baremo do concurso xeral de traslados e dos concursos específicos de orientación e de adultos para o curso académico 2023/24 no menú Listaxes concurso, submenú Listaxe de instancias.

Poderán, así mesmo, formular as reclamacións que coiden oportunas mediante o correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal segundo o corpo de persoal docente polo que se participa para o que deberá indicar no asunto da mensaxe: “Reclamación CXT”, “Reclamación ORI” ou “Reclamación ADULTOS” segundo corresponda.

O prazo para formular reclamacións abranguerá desde o día 07/02/2024 ata o día 14/02/2024, ambos incluídos.

 

  • PUBLICACIÓN DAS VACANTES PROVISIONAIS (06/02/2024)

Resolución do 5 de febreiro de 2024

 

VACANTES PROVISIONAIS

CORPO 555 (INSPECCIÓN)
CORPO 590 (PES)
CORPO 592 (EOIs)
CORPO 593 (CATEDRÁTICOS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS)
CORPO 594 (CORPO PROFESORES MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS)
CORPO 595 (CORPO DE PROFESORES DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO)
CORPO 597 (CORPO DE MESTRES)
CORPO 598 (CORPO DE PESSFP)

 

 

 

XUBILACIÓNS PREVISTAS POR PROVINCIAS

A CORUÑA

PRIMARIA

SECUNDARIA

LUGO

PRIMARIA

SECUNDARIA

OURENSE

PRIMARIA

SECUNDARIA

PONTEVEDRA

PRIMARIA

 

 

PREVISIÓN VACANTES  POR PROVINCIAS

A CORUÑA

 

PRIMARIA

 

 

SECUNDARIA

 

LUGO

PRIMARIA

Modificación 05/12/23

PES        

EOIs      

SECT.SINGULARES

ARTES PLÁST. e DESEÑO

MÚSICA e ARTES ESCÉNICAS

Modificación 05/12/23

OURENSE

PRIMARIA

 

SECUNDARIA

 

PONTEVEDRA

 

PRIMARIA

 

 
 
 
 

 

 

 

 

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • ADXUDICACIÓN DEFINITIVA (Publicación en Portal Educativo 15/03/2024)

 

 

ORDE CONCURSO ESPECÍFICO ORIENTACIÓN (publicada en DOG 04/12/2023)

ACCESO A CATÁLOGO E XORNADAS (actualizado a setembro deste ano 2023, é o documento onde poderás consultar entre outros datos, os centros con xornada única, os centros catalogados como de especial dificultade,...)

ACCESO AO MANUAL DE USUARIO PARA A PARTICIPACIÓN (documento con instrucións para manexar sen complicacións a aplicación deste concurso)

VACANTES ORIENTACIÓN

 

SOLICITUDES

Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos,a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED013A). As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia http://https://sede.xunta.gal

 

PRAZO DE SOLICITUDES


O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados, mediante o procedemento normalizado ED012A, será desde o día 5 de decembro ata o 28 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 2.2 da base vixésima, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados no procedemento código ED013A. Non obstante, se o expediente do persoal concursante non está actualizado ou se discrepa dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED011A).

Deste modo, neste suposto, o persoal concursante deberá presentar por medios electrónicos a solicitude de participación no concurso xeral de traslados empregando a solicitude normalizada do procedemento ED013A e, ademais, e tamén por medios electrónicos, a solicitude de actualizacióne/ou modificación do expediente persoal e a documentación xustificada das alegacións efectuadas empregando a solicitude normalizada do procedemento ED011A.

Tamén é posible que teñamos méritos xa validados no expediente persoal pero que non figuran baremados. En caso de discrepancia con esta baremación só se poderá reclamar no prazo de reclamacións e renuncias.

 

 

 

 

  • ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS

 

 

ORDE CONCURSO ESPECÍFICO ADULTOS (publicada en DOG 04/12/2023)

 

ACCESO AO MANUAL DE USUARIO PARA A PARTICIPACIÓN (documento con instrucións para manexar sen complicacións a aplicación deste concurso)

 

VACANTES CONCURSO ESPECÍFICO ADULTOS

 

PRAZO DE SOLICITUDES


O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 5 de decembro ata o 28 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 2.2 da base vixésima, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados.

 

SOLICITUDES DE ACTUALIZACIÓN E/OU MODIFICACIÓN DO EXPEDIENTE

As solicitudes de participación e a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente (código de procedemento ED011A) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos de acordo co procedemento exixido nesta convocatoria.

No caso da solicitude de participación, o persoal participante deberá manifestar nelasde modo expreso, que reúne os requisitos exixidos na convocatoria e deberá cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, e unha vez xerado modelo normalizado, presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A).

A citada solicitude PR004A que xunta o modelo normalizado xerado previamente (na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt) dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Mesmo cando se concurse por máis dunha especialidade, o persoal concursante presentará unha única solicitude e soamente se poderá obter un único destino. No suposto de participar no concurso de traslados por máis dun corpo, presentarase unha solicitude por cada corpo polo cal se participa.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistemade usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, soamente se admitirá a última presentada validamente na sede electrónica da Xunta de Galicia e que se acreditará co recibo de presentación xerado polo Rexistro electrónico da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria.

3.1. As persoas interesadas deberán anexar na sede electrónica, xunto coa solicitude xenérica (código de procedemento PR004A), a seguinte documentación

a) Solicitude de participación, confeccionada a través do enderezo web https://www.edu.xunta.es/cxt

 

 A) Persoal concursante co expediente actualizado:

 

 B) Persoal concursante co expediente sen actualizar:


No prazo de presentación de solicitudes establecido nesta base, o persoal docente que participe neste concurso específico e considere que non ten o seu expediente actualizado, ademais da presentación da solicitude de participación no concurso por medios electrónicos empregando a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).


A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde en que figura cada un dos méritos na solicitude do procedemento ED011A, e achegaranse para cada mérito que se vaia alegar os documentos individualizados respectivos e todos os méritosdeben ser obxecto de alegación na mesma solicitude.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



 

 

 


Concurso xeral de traslados curso 2022/2023  -> https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/349466


Concurso xeral de traslados curso 2021/2022 -> https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/328265


Concurso xeral de traslados curso 2020/2021->https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/305618


Concurso xeral de traslados curso 2019/2020->https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/281816


Concurso xeral de traslados curso 2018/2019->https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/263678

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR