CONCURSO DE MÉRITOS. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS PROPOSTAS PARA SUPERAR OS PROCESOS SELECTIVOS

  • Otros artículos

29 de mayo de 2023

Resolución da Comisión de Selección pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos.

 

Resolución do 29 de maio de 2023 da Comisión de Selección, pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).

De acordo co establecido no apartado cuarto da dita resolución, aquelas persoas que figuran no anexo desta resolución definitiva de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, e resultasen tamén seleccionadas, provisional ou definitivamente, nunha especialidade do mesmo corpo en resolución ditada no concurso excepcional de méritos de estabilización de emprego temporal convocado por outra administración educativa, deberán formular renuncia, no prazo de cinco (5) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da consellería (www.edu.xunta.gal), se desexan obter praza no ámbito de xestión dunha administración educativa distinta á da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo para formular renuncia abranguerá desde o día 30 de maio de 2023 ata o día 5 de xuño de 2023.

Sen prexuízo deste prazo, o persoal participante no concurso de méritos poderá presentar renuncia á participación no concurso de méritos por outras causas xustificadas. Así mesmo, a renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade á realización da proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira dará lugar a que se declare aprobada a persoa que corresponda conforme os criterios establecidos na base décimo terceira da Orde 19 de outubro de 2022.

Para os efectos de formular a RENUNCIA NA ESPECIALIDADE ADXUDICADA NA PROPOSTA DEFINITIVA NA QUE NON DESEXA INGRESAR deberá procederse do seguinte xeito:

1.-Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia e autenticarse no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/

2.- Localizar no apartado de “Últimos expedientes e presentacións”, aÚLTIMA solicitude do procedemento ED001B correspondente á especialidade á que non desexa ingresar. Para estes efectos cómpre premer no rexistro no que consta presentado a dita solicitude e posteriormente no apartado “Documentación”, descargar o documento correspondente á solicitude normalizada para verificar á especialidade á que desexa renunciar.

3.-Posteriormente, na marxe dereita no apartado “QUE PODO FACER? Premer no trámite de Renuncia” incardinado na dita solicitude na que figura a especialidade á que desexa renunciar.

4º. A continuación, siga os pasos indicados: cubrir datos, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

Posteriormente formulará un correo electrónico dirixido a persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal, segundo a adscrición da especialidade na que se xuntará o/s trámite/s presentado/s na sede electrónica e no asunto sinalará: renuncia coa especificación da/s especialidade/s na/s que non desexa ingresar.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da renuncia, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Non se admitirá ningunha renuncia que non sexa tramitada mediante o trámite activado de “Renuncia” na solicitude de participación do procedemento ED001B correspondente á última solicitude presentada en sede da especialidade na que non desexa ingresar.

Cada renuncia deberá formularse na correspondente solicitude no caso de renunciar a especialidades de distinto corpo

LIGAZÓN   

 

 

CONCURSO DE MÉRITOS GALICIA

ORDE CONCURSO DE MÉRITOS 28/10/2022
CORRECCIÓN DE ERROS 14/11/2022
PERSOAS NON EXENTAS DA PROBA DE GALEGO 13/02/2023

CUALIFICACIÓNS DA PROBA ELIMINATORIA DE COÑECEMENTO DE LINGUA GALEGA

08/03/2023

PUBLICACIÓN DA PUNTUACIÓN MÍNIMA NECESARIA NO AUTOBAREMO EN CADA ESPECIALIDADE E QUENDA

20/02/2023
LISTAXE PROVISIONAL 20/01/2023
LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS 17/02/2023

DOCUMENTO CASUÍSTICAS

25/04/2023
RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN POLA QUE SE APROBAN E SE FAN PÚBLICAS AS PUNTUACIÓNS PROVISORIAS DO BAREMO CORRESPONDENTE AOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS EXTRAORDINARIOS DE ESTABILIZACIÓN PARA O INGRESO, MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS 25/04/2023
MODELO DE RECLAMACIÓN 25/04/2023

 

EMPATE NO BAREMO: NOTA INFORMATIVA 26/04/2023
MODIFICACIÓN DA ORDE 10/05/2023
BAREMO DEFINITIVO 18/05/2023
RELACIÓN PROVISIONAL DAS PERSOAS PROPOSTAS PARA SUPERAR O PROCEDIMENTO 18/05/2023
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS PROPOSTAS 29/05/2023
   

 

 

 

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR