CONCURSO DE MÉRITOS: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

  • Otros artículos

17 de febrero de 2023

O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, convocados mediante a Orde do 19 de outubro de 2022

 

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).

  • O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o código de procedemento ED001B/2022, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido na base 8.4 da Orde do 19 de outubro de 2022.

 

Unicamente para o caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas, o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

 

O dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 16 DE FEBREIRO DE 2023 e especificar o corpo e especialidade

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse na súa carpeta cidadá (“A miña sede”) tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR