CONCURSO DE MÉRITOS. RELACIÓN PROVISIONAL DAS PERSOAS PROPOSTAS PARA SUPERAR O PROCEDIMENTO

  • Otros artículos

18 de mayo de 2023

Resolución da Comisión de Selección pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos

Resolución do 16 de maio de 2023 da Comisión de Selección, pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).

De acordo co establecido no apartado sexto da base décimo terceira, aquelas persoas aspirantes que, en virtude da publicación da listaxe provisional de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, acaden a puntuación para ingresar por máis dunha especialidade do mesmo corpo deberán optar por ingresar nunha delas, por medios electrónicos, mediante o trámite activado para este efecto na carpeta cidadá, no procedemento normalizado código ED001B, no prazo comprendido entre o día 19 de maio de 2023 ao 23 de maio de 2023, ambos incluídos.

Para os efectos de formular a RENUNCIA NA/S ESPECIALIDADE/S ASIGNADA/S NA PROPOSTA PROVISIONAL NA/S QUE NON DESEXAN INGRESAR deberá procederse do seguinte xeito PARA CADA UNHA DELAS:

Nota: Cómpre revisar previamente e detidamente o seguinte documento: “Instrucións dereito de opción de ingreso”

1.-Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia e autenticarse no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/

2.- Localizar no apartado de “Últimos expedientes e presentacións”, a ÚLTIMA solicitude do procedemento ED001B correspondente á/s especialidad/es á/s que non desexa ingresar. Para estes efectos cómpre premer no rexistro no que consta presentado a dita solicitude e posteriormente no apartado “Documentación”, descargar o documento correspondente á solicitude normalizada para verificar á especialidade á que desexa renunciar.

3.-Posteriormente, na marxe dereita no apartado “QUE PODO FACER? Premer no trámite de Renuncia” incardinado na dita solicitude na que figura a especialidade á que desexa renunciar.

4º. A continuación, siga os pasos indicados: cubrir datos, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

Posteriormente formulará un correo electrónico dirixido a persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal, segundo a adscrición da especialidade na que se xuntará o/s trámite/s presentado/s na sede electrónica e no asunto sinalará: renuncia coa especificación da/s especialidade/s na/s que non desexa ingresar.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da renuncia, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Non se admitirá ningunha renuncia que non sexa tramitada mediante o trámite activado de “Renuncia” na solicitude de participación do procedemento ED001B correspondente á última solicitude presentada en sede da/s especialidade/s na/s que non desexa ingresar.

Cada renuncia deberá formularse na correspondente solicitude.

No caso de renunciar a varias especialidades deberá efectuarse o trámite establecido en cada solicitude da correspondente especialidade. 

CONCURSO DE MÉRITOS GALICIA

ORDE CONCURSO DE MÉRITOS 28/10/2022
CORRECCIÓN DE ERROS 14/11/2022
PERSOAS NON EXENTAS DA PROBA DE GALEGO 13/02/2023

CUALIFICACIÓNS DA PROBA ELIMINATORIA DE COÑECEMENTO DE LINGUA GALEGA

08/03/2023

PUBLICACIÓN DA PUNTUACIÓN MÍNIMA NECESARIA NO AUTOBAREMO EN CADA ESPECIALIDADE E QUENDA

20/02/2023
LISTAXE PROVISIONAL 20/01/2023
LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS 17/02/2023

DOCUMENTO CASUÍSTICAS

25/04/2023
RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN POLA QUE SE APROBAN E SE FAN PÚBLICAS AS PUNTUACIÓNS PROVISORIAS DO BAREMO CORRESPONDENTE AOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS EXTRAORDINARIOS DE ESTABILIZACIÓN PARA O INGRESO, MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS 25/04/2023
MODELO DE RECLAMACIÓN 25/04/2023

 

EMPATE NO BAREMO: NOTA INFORMATIVA 26/04/2023
MODIFICACIÓN DA ORDE 10/05/2023
BAREMO DEFINITIVO 18/06/2023
RELACIÓN PROVISIONAL DAS PERSOAS PROPOSTAS PARA SUPERAR O PROCEDIMENTO 18/06/2023
   
   

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR