CONCURSO DE MÉRITOS DE GALICIA

20 de enero de 2023

Procedemento extraordinario de estabilización

 

 

CONCURSO DE MÉRITOS

 

PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO DE ESTABILIZACIÓN

ORDE do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos,
aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais deidiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artesescénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes
plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (códigode procedemento ED001B).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

:::   

 

Resolución do 25 de abril de 2023 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas as puntuacións provisorias do baremo correspondente aos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).

O persoal interesado poderá presentar reclamación á resolución provisional obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o trámite “alegacións” activado para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 26 de abril ata o 10 de maio de 2023, ambos incluídos,

Presentarase unha única reclamación por cada especialidade na que se desexe reclamar acompañada do modelo normalizado de reclamación. (premer aquí para consultalo)

No caso de que se presenten varias reclamacións a distintas especialidades abondará con achegar unha soa vez a documentación xustificativa.

Para os efectos de formular a correspondente reclamación contra a puntuación provisional outorgada deberá procederse do seguinte xeito:

Nota: Cómpre revisar previamente e detidamente:

a) as puntuacións provisorias outorgadas que se reflicten no anexo integrante da resolución pola que se aproba e publica a baremación provisional no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/

b) así como o documento que recompila a casuística da non baremación (premer aquí para consultalo)

 

1.- Unha vez feita esta comprobación, Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia e autenticarse no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/

2.- Localizar no apartado de “Últimos expedientes e presentacións”, a última solicitude do procedemento ED001B correspondente á especialidade na que desexa reclamar. Para estes efectos cómpre premer no rexistro no que consta presentado a dita solicitude e posteriormente no apartado “Documentación”, descargar o documento correspondente á solicitude normalizada para verificar o corpo e especialidade ao que desexa reclamar.

3.- Posteriormente, na marxe dereita no apartado “QUE PODO FACER?" Premer no trámite de “Alegacións” incardinado na dita solicitude na que figura a especialidade desexada.

4.- A continuación, siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación (pdf modelo normalizado de reclamación e documentación xustificativa), asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da reclamación, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Non se admitirá ningunha reclamación que non sexa tramitada mediante o trámite activado de “Alegacións” na correspondente solicitude de participación do procedemento ED001B.

TODA A INFORMACIÓN

 

 

 

 

 

CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA PREVIA RECLAMACIÓN DOS DIFERENTES APARTADOS TRANSMITIDOS POLA SUBDIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RRHH NA REUNIÓN DO XOVES 20 DE ABRIL DE 2023

 

Farase unha reclamación por CADA ESPECIALIDADE dende a que se participa, porque o baremo é diferente.

Deberá facerse preferentemente e en primeiro lugar, a reclamación para a especialidade na que se tén máis posibilidades.

 

CUESTIÓNS XERAIS

 

  • Poderase obter diferente puntuación por apartados pero nunca máis do que se autobaremou.
  • Non se poderán alegar méritos novos.
  • Participantes que alegaron méritos pero non fixeron instancia en datos persoaispoderán xustificalos.
  • Participantes que alegaron méritos que non constaban en datos persoais, non fixeron instancia en datos persoais pero entregaron documentaciónbaremarano.
  • Participantes que alegaron méritos, fixeron instancia en Datos persoais pero non a presentaron que comproben, xa que a Consellería está intentando cargar a información no expediente persoal. Se non aparecen poderán reclamar e presentar.
  • data tope para baremación dos méritos é o 28 de outubro de 2022.

 

INCIDENCIAS OBSERVADAS NOS DIFERENTES APARTADOS DO BAREMO

I.  Experiencia docente previa

 

· Observáronse erros na autobaremación de servizos prestados nalgúns corpos e especialidades, máis frecuentes nas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas, concretamente en especialidades dos corpos 590 e 592 con igual nome. O mesmo ocorre coas especialidades que se integran.

 

· Os servizos prestados en centros públicos non dependentes da administración educativa e con nomeamento da Conselleríabaremaranse no apartado 1.4. Están a referirse a conservatorios de concellos, centros dependentes das Diputacións,…

 

· Sobre os servizos prestados en Conservatorios Superiores de Música para prazas do corpo de cátedras de música e artes escénicas:

 

· Os servizos prestados en comisión de servizos baremaranos no 1.3 xa que o nomeamento era noutro corpo, independentemente de que cobrasen un complemento compensador.

· Os servizos prestados como funcionarios de carreira do corpo de catedráticos/-as de música e artes escénicas antes da súa anulación por sentenza serán puntuados como servizos prestados no corpo de catedráticos, nos apartados 1.1 ou 1.2

· Os servizos prestados como persoal interino con nomeamento no corpo de catedráticos/-as puntuaranse como servizos nese corpo.

· Os servizos prestados como persoal interino nestes centros con nomeamento como profesorado puntuarán no apartado 1.3

 

  • Sobre os servizos prestados na especialidade de orientación no corpo de mestres/as:

 

· Os servizos prestados dende que se consolidou na lista de procedencia, sempre que sexan servizos prestados na especialidade á que se presenta, baremaranse no apartado 1.1

· Os servizos prestados con anterioridade á consolidación serán baremados no apartado 1.2

· Os servizos prestados sen ter consolidado nunca puntuaranse no apartado 1.2

 

  • Sobre os servizos prestados nunha das 19 especialidades integradas no corpo de PES:

§ Os servizos prestados pola especialidade pola que se concursa puntúan no apartado 1.1

§ Os servizos prestados nunha especialidade distinta, pero das 19 do antiguo corpo de PTFP que pasan a PES puntuarán no apartado 1.3 (especialidade noutro corpo)

O mesmo criterio para as 10 especialidades integradas no corpo de profesorado de Sectores Singulares.

 

  1. FORMACIÓN ACADÉMICA

 

2.1 EXPEDIENTE ACADÉMICO

Os erros máis frecuentes neste apartado foron:

  • Falta a certificación: débese pedir conforme á normativa e presentala
  • A certificación non se axusta á normativa: débese pedir unha acorde e presentala
  • Alégase unha certificación dunha titulación equivalente cando se dispón da titulación requerida: baremarase únicamente a nota media desta última.
  • As certificacións da escola de Hostelaría e Turismo de Santiago de Compostela non se adaptan á normativa e non poden baremala. Pódese pedir á escola de Cádiz que si as fai conforme ao establecido legalmente.
  • Certificación incompleta: debe conter todas as páxinas.
  • Certificación dunha titulación que non permite o ingreso na especialidade: non se baremará.

A normativa é o R.D. 1125/2003 para todas as ensinanzas agás as artísticas.

2.2 POSGRAOS, DOUTORAMENTOS E PREMIOS EXTRAORDINARIOS

  • Só se baremará un título a pesar de que o MEFP tén un criterio diferente.
  • Non se bareman másteres que sexan títulos propios das Universidades, contarán como formación pero non neste apartado.
  • Nas especialidades onde se esixe tutela investigadora non se barema o título que se alega para certificar esa capacidade de tutela (doutoramento, mestrado ou DEA)
  • Só se barema premio extraordinario de doutoramento, non o de licenciatura.

2.3 OUTRAS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

  • Para as especialidades no grupo A2: se se presenta unha licenciatura os 3 primeiros anos puntúan como titulación de primeiro ciclo e os dous últimos como titulación de segundo ciclo.
  • O título de Grao é diferente ao título de mestre ou mestra de EXB; polo tanto o Grao barémase como titulación de segundo ciclo.
  • Non se bareman os diplomas profesionais xa que non son titulacións universitarias.
  • Cando non se bareme un primeiro ciclo deberá presentar unha certificación de estudos que acredite que non accedeu desde a diplomatura e que cursou a licenciatura completa.

2.4 TITULACIÓNS DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL E DA FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA

  • Non se pode alegar o título profesional cando se teña alegado un título de profesor/-a superior de música do Plan do 66, xa que naquel momento era requisito para obter o Superior. Se a titulación é do plan LOXSE ou LOE si se baremará, ao non ser requisito.
  • O B2 é un avanzado extinguido. Só se puntúan os C1 e C2, agás o C1 de galego, que se considera requisito.
  • Non se baremarán “títulos equivalentes a efectos de docencia” (antigos FP2 ou de técnicos especialistas)
  • Non se baremará un título superior de FP se foi empregado para acceder á Universidade. Deberase acreditar que se accedeu co Bacharelato, a Consellería xa o puntúa cando observa que o título de FP é posterior á entrada na Universidade. No resto de casos débese reclamar.
  • Non se baremarán títulos de adestradores/as deportivos que non so títulos de técnico deportivo superior.
  • O mesmo nivel de coñecemento dunha lingua só se barema unha vez aínda que as entidades certificadoras sexan diferentes.
  1. OUTROS MÉRITOS

3.1 SUPERACIÓN DE PROCESOS SELECTIVOS

  • As certificacións anteriores a 2012 non puntúan.
  • As certificacións de procesos selectivos superados en diferente especialidade non puntúan.

3.2 FORMACIÓN PERMANENTE

  • As reclamacións que se presenten deberán ser a cada especialidade posto que é requisito a súa relación coa especialidade.
  • A formación relacionada con temas transversais será baremada.
  • Non se baremarán xornadas, obradoiros, cursos inferiores a 20 horas,…conforme aos criterios recollidos na convocatoria.

 

 

CONCURSO DE MÉRITOS GALICIA

ORDE CONCURSO DE MÉRITOS 28/10/2022
CORRECCIÓN DE ERROS 14/11/2022
PERSOAS NON EXENTAS DA PROBA DE GALEGO 13/02/2023

CUALIFICACIÓNS DA PROBA ELIMINATORIA DE COÑECEMENTO DE LINGUA GALEGA

08/03/2023

PUBLICACIÓN DA PUNTUACIÓN MÍNIMA NECESARIA NO AUTOBAREMO EN CADA ESPECIALIDADE E QUENDA

20/02/2023
LISTAXE PROVISIONAL 20/01/2023
LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS 17/02/2023

DOCUMENTO CASUÍSTICAS

25/04/2023
RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN POLA QUE SE APROBAN E SE FAN PÚBLICAS AS PUNTUACIÓNS PROVISORIAS DO BAREMO CORRESPONDENTE AOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS EXTRAORDINARIOS DE ESTABILIZACIÓN PARA O INGRESO, MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS 25/04/2023
MODELO DE RECLAMACIÓN 25/04/2023

 

EMPATE NO BAREMO: NOTA INFORMATIVA 26/04/2023
MODIFICACIÓN DA ORDE 10/05/2023
BAREMO DEFINITIVO 18/05/2023
RELACIÓN PROVISIONAL DAS PERSOAS PROPOSTAS PARA SUPERAR O PROCEDIMENTO 18/05/2023
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS PROPOSTAS 29/05/2023
CORRECCIÓN DE ERROS DO BAREMO DEFINITIVO 08/06/2023
 MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS PROPOSTAS PARA SUPERAR OS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS 16/06/2023

 

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR