PUBLICACIÓN DO CXT 2026

  • Concursos y movilidad
  • Traslados

7 de November de 2025

CXT · Información e documentación

 

1) 📌 Convocatoria CXT 2026 — ED012A (convocatoria, ligazóns e documentos)

Publicada no DOG a convocatoria do CXT 2026 para todo o persoal docente non universitario.

📅 Prazo de presentación

Do 10 ao 28 de novembro de 2025.

🧾 Como presentar a solicitude
  • Solicitude obrigatoria en Sede electrónica — Procedemento ED012A.
  • Formulario previo en edu.xunta.gal/cxt.
  • Asinar con Chave365 ou certificado dixital.

🔗 Ligazóns oficiais

📚 Documentos de consulta para Mestres

Vacantes provisionais — actualizadas

Xubilacións

📚 Documentos de consulta para Secundaria
📌 Materiais de axuda CSIF
📁 Adxudicacións doutros anos
2) 🎓 Concurso específico Orientación — Xefaturas de Departamento (ED013A)

Convocatoria do concurso específico para cubrir xefaturas do Departamento de Orientación en centros públicos de educación infantil, primaria e educación especial.

📅 Prazo

Do 1 ao 22 de decembro de 2025.

📝 Persoal participante

  • Funcionariado de carreira con destino definitivo (mín. 2 anos).
  • Persoal en expectativa, comisións de servizos, exterior ou certas excedencias.
  • Funcionariado en prácticas segundo as condicións da orde.

📍 Procedemento

  • Solicitude electrónica obrigatoria mediante ED013A en Sede electrónica.
  • Formulario previo en edu.xunta.gal/cxt.

⚠️ Relación co CXT

Se se obtén praza de xefatura do Departamento de Orientación, entenderase renuncia automática ao CXT segundo as bases da orde.

3) 🔎 Consulta (instancias e puntuación)

🔎 Consulta de instancias e puntuación

A Consellería informou de que, ata o 9 de febreiro de 2026, pódense consultar as solicitudes de participación do CXT e do concurso específico de orientación no apartado Listaxes de concurso → Listaxes de instancias (menú esquerdo).

  • O acceso é meramente informativo.
  • Cada persoa concursante poderá consultar unicamente as solicitudes das especialidades e corpos polos que participa.

✉️ Reclamacións á puntuación (antes da resolución provisional)

Segundo as bases das ordes de convocatoria, poderanse presentar reclamacións á puntuación outorgada con anterioridade á resolución provisional, unha vez que se fagan públicas na web da Consellería.

Enviar por correo electrónico (segundo proceda):

Como debe ir o correo:

Asunto reclamación á puntuación outorgada no concurso
Mensaxe indicar o apartado, epígrafe ou subepígrafe que se reclama e unha breve descrición da alegación
Recomendación: achega documentación xustificativa se procede (PDF/escaneos).
📞 Teléfonos de contacto (servizos de persoal)

Primaria

981 544 488 · 881 995 887 · 981 544 482 · 981 544 483

Secundaria

981 545 406 · 981 545 408 · 981 545 255 · 981 545 452

📎 Documentación relacionada

Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da publicación oficial da Consellería.

4) 📄 Resolucións provisionais (20/02/2026) — reclamacións e renuncias

Publicadas (20/02/2026) as resolucións provisionais vinculadas ao CXT e ao concurso específico de orientación.

📅 Prazo de reclamacións e renuncias

Do 23 de febreiro ao 6 de marzo de 2026, ambos incluídos, por medios electrónicos (Carpeta cidadá).

🧩 Regras xerais (reclamación/renuncia)

  • Baremo: xerar o PDF desde edu.xunta.gal/cxt e presentalo na Sede electrónica como Alegacións no expediente correspondente.
  • Exclusión: presentar Alegacións directamente na Sede (expediente correspondente).
  • Renuncia: marcar renuncia en “Participación”, descargar PDF e anexalo na Sede (opción “Renuncia”).
📌 Mestres · Orientación (ED013A)

Resolución do 20 de febreiro de 2026 pola que se resolve provisionalmente o concurso específico para cubrir prazas de Xefatura do Departamento de Orientación (corpo de mestres) — ED013A.

📝 Reclamación (baremo) — pasos

  1. Revisar a puntuación en edu.xunta.gal/cxt.
  2. Escoller concurso de orientación → “Participación”.
  3. Premer “Reclamar baremo”, redactar por apartados, gardar e xerar PDF.
  4. Na Sede: expediente ED013A (ano 2025)Alegacións anexando o PDF.

Importante: a reclamación está presentada cando se pode descargar tamén o recibo.

↩️ Renuncia — pasos

  1. En edu.xunta.gal/cxt → “Participación”, marcar renuncia e premer “Renunciar”.
  2. Descargar PDF (buzón de informes).
  3. Na Sede: expediente ED013A (ano 2025) → “Acción” → Renuncia, anexando o PDF.

Fonte Xunta: edu.xunta.gal/portal/node/49107

📌 Primaria · CXT (ED012A)

Documentación do CXT (procedemento ED012A) para Primaria.

Reclamacións/renuncias: segue as “Regras xerais” deste bloque (expediente ED012A, ano 2025).

📌 Secundaria/FP/Artísticas/Idiomas · CXT (ED012A)

Documentación do CXT (procedemento ED012A) para Secundaria, FP, ensinanzas artísticas e idiomas.

Reclamacións/renuncias: segue as “Regras xerais” deste bloque (expediente ED012A, ano 2025).

📌 Funcionariado en prácticas · CXT (ED012A)

Adxudicación provisional do funcionariado en prácticas (secundaria/FP/artísticas/idiomas).

Reclamacións/renuncias: segue as “Regras xerais” deste bloque (expediente ED012A, ano 2025).

📌 Inspectores · CXT (ED012A)

Adxudicación provisional do corpo de inspectores (orde alfabética).

Reclamacións/renuncias: segue as “Regras xerais” deste bloque (expediente ED012A, ano 2025).

COMPARTIR