Convocatoria do programa educativo "Impulso Mentor"
2 de azaroa de 2026
CSIF ENSINO GALICIA · CURSO 2026/27
Impulso Mentor: convocatoria para favorecer o éxito educativo do alumnado xitano
A Consellería publicou a convocatoria do programa educativo Impulso Mentor para o curso 2026/27, destinado a apoiar a traxectoria académica do alumnado xitano nos centros docentes públicos.
O programa combina mentoría e acompañamento persoal con actividades opcionais de coñecemento da cultura xitana e de reforzo educativo, co obxectivo de favorecer a continuidade nos estudos, previr o absentismo e o abandono temperán e promover a igualdade de oportunidades.
Información destacada
- Alumnado destinatario: alumnado xitano de 5.º e 6.º de primaria, ESO e ciclos de grao básico de FP.
- Oferta: un máximo de 40 centros públicos, con 6 prazas asignadas inicialmente á provincia de Lugo.
- Prazo: 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución no portal educativo, realizada o 2 de novembro de 2026.
- Solicitude: envío do anexo I ao correo reforzo.educativo@edu.xunta.gal.
- Coordinación: certificación equivalente a 30 horas de formación permanente do profesorado.
Documentación e ligazóns
CSIF Ensino Galicia
Por ti, contigo no ensino.