Convocatoria Lanzadeiras Lugo 26/27
2 de azaroa de 2026
CSIF ENSINO GALICIA · CURSO 2026/27
Lanzadeiras Lugo: convocatoria para crear miniempresas nos centros educativos
A Consellería publicou a convocatoria do Programa Lanzadeiras Lugo para o curso 2026/27, unha iniciativa que promove o emprendemento mediante a creación e xestión de miniempresas polo alumnado.
O programa está dirixido aos centros educativos públicos da provincia de Lugo dependentes da Consellería e permite traballar a creatividade, a iniciativa, a responsabilidade, a autonomía persoal e a toma de decisións a través dunha experiencia práctica.
Información destacada
- Destinatarios: centros públicos da provincia de Lugo con alumnado de 6.º de primaria, ESO, bacharelato ou FP.
- Financiamento: ata 4.000 € por proxecto seleccionado.
- Prazo: cinco días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución no portal educativo, realizada o 29 de outubro de 2026.
- Presentación: pola sede electrónica mediante PR004A e envío adicional dunha copia por correo electrónico.
Documentación e ligazóns
Consulta a resolución completa para coñecer todas as condicións de participación, desenvolvemento e xustificación do programa.
CSIF Ensino Galicia
Por ti, contigo no ensino.