A Xunta abrirá o 24 de febreiro o prazo de inscrición nas oposicións de Educación
- Empleo
- Oposiciones
17 de otsaila de 2026
Oferta pública de emprego con 1.601 prazas en 42 especialidades (novo ingreso e promoción interna).
A Consellería de Educación avanzou a próxima convocatoria do procedemento selectivo para o ingreso e acceso aos corpos docentes en Galicia correspondente ao ano 2026. Trátase dunha das ofertas máis relevantes dos últimos anos tanto polo número de prazas como pola súa distribución entre os distintos corpos e especialidades.
Desde CSIF Ensino Galicia consideramos fundamental que o profesorado interesado revise con detalle o borrador da orde, xa que nel se concretan aspectos clave como: sistema de acceso, fases do proceso selectivo, baremación de méritos, criterios de avaliación e estrutura das probas.
A convocatoria afecta tanto a persoal de novo ingreso como a quen desexe acceder por promoción interna, polo que é especialmente importante analizar os requisitos específicos de cada corpo e especialidade antes de formalizar a inscrición.
📅 Datas clave
- Inscrición: desde o 24/02/2026 (pendente publicación oficial no DOG).
- Inicio das probas: 20/06/2026.
- Finalización prevista: antes do 19/07/2026.
- Incorporación ao destino: 01/09/2026.
🧾 Datos principais da OPE
- Total: 1.601 prazas.
- Novo ingreso: 1.388 prazas.
- Promoción interna: 213 prazas.
- Distribución: Mestres (476), Secundaria (852), Sectores singulares FP (60), + promoción interna (213).
Fonte informativa: nova da Consellería.