Convocatoria III Premio ConVivimos 2025
- Convocatorias
23 de ekaina de 2025

A Consellería de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional, vén de convocar a primeira edición do III Premio ConVivimos 2025 de convivencia e benestar emocional. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 18.000 euros.
Este galardón nace co obxecto de recoñecer, a través de actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo, o esforzo e alto grao de compromiso dos centros educativos na mellora da convivencia e do benestar emocional. Este premio forma parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 estando financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do Programa de Bienestar Emocional no ámbito educativo.
Para o curso 2024-2025 os centros docentes poderán participar en dúas categorías:
Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Concederase para cada categoría, catro premios:
Categorías |
Premio |
Importe |
---|---|---|
A |
1º premio |
5.000€ |
2º premio |
2.500€ |
|
3º premio |
1.000€ |
|
Mención de honra |
500 € |
|
B |
1º premio |
5.000€ |
2º premio |
2.500€ |
|
3º premio |
1.000€ |
|
Mención de honra |
500 € |
Cada centro docente poderá presentar unha soa solicitude, na que se recollerán, nunha memoria descritiva, o conxunto de actuacións levadas a cabo polo centro en materia de convivencia e benestar emocional.
O prazo de presentación das solicitudes será contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ata o 30 de setembro de 2025 (incluído).