CSIF organiza cursos na EGAP de Prevención de Riscos específicos no ámbito da prevención e extinción de incendios forestais

  • Formación
  • CSIF Informa

16 de uztaila de 2024

A CSIF ven de firmar un convenio de colaboración coa EGAP para a convocatoria de 13 actividades formativas presenciais de 16 horas de formación e 335 prazas para o persoal do SPIF,  a realizar nas seguintes localidades, nas seguintes quendas.

 

  Quenda de Mañá Quenda de Tarde
     
Coruña 2, 3, 4 outubro —
21, 22, 23 outubro —
Santiago 9, 10, 11 outubro —
Lugo 16, 17, 18 setembro 23, 24, 25 setembro
14, 15, 16 outubro 14, 15, 16 outubro
Ourense 23, 24, 25 setembro 23, 24, 25 setembro
— 7, 8, 9 outubro
Pontevedra 18, 24, 25 outubro —
28, 29, 30 outubro 28, 29, 30 outubro

Os cursos sairán publicados no DOG do 11/07/2024, e as solicitudes de matrícula poderán presentarse a partir do día seguinte a través do portal web da EGAP: https://egap.xunta.gal/matricula

Esta convocatoria está dirixida ao persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que estivera prestando servizos en actividades de defensa, prevención e extinción de incendios forestais.

 

PARTEKATU