TELETRABALLO XA!

  • CSIF Informa

23 de martxoa de 2026

Dende CSIF diriximos escrito á DXX xa que na pasada xuntanza de mesa sectorial celebrada o día 3 de Marzo, polo Sr. Director Xeral se nos informou que xa estaba preparado o borrador de regulamento do teletraballo e que nos daría traslado do mesmo de xeito inmediato.

Pois ben, nin inmediato nin mediato.  Mais de mes e medio despois seguimos sen o famoso borrador e dende logo non é por falta de insistencia, xa que este sindicato leva loitando por esa modalidade dende Outubro do 2024.  Presentamos escritos e insistimos en todalas mesas e novamente o instamos cunha nova solicitude.

Pero e que ademais o pleno do Congreso aprobou xa en Decembro do 2023, a LO de medidas en materia de eficiencia do Servicio Público de Justicia, publicada no BOE. No citado texto legal, introdúcese na súa disposición adicional octava, a regulación básica do teletraballo no ámbito da Administración de Xustiza, indicando que “La prestación de los servicios en la modalidad de teletrabajo tiene carácter voluntario y reversible y deberá ser expresamente autorizada por la Administración competente en cada caso concreto. Además, será compatible con la modalidad presencial.

Se realizará en los términos de las normas que se dicten en desarrollo de esta norma, siendo objeto de negociación colectiva”

Tamén a disposición adicional sexta do RD Ley 6/2023, de 19 de diciembre, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de recuperación, Transformación y Resiliencia en materia de servicio público de xustiza, función pública, rexime local e mecenazgo, establece que “Tras la entrada en vigor del libro primero de este real decreto-ley, en el plazo de doce meses, previa negociación colectiva, se regulará el teletrabajo y el puesto de trabajo deslocalizado como modalidades de prestación de servicios a distancia en el ámbito de la Administración de Justicia.” Pois nin doce meses nin dous anos.  Asi seguimos.

Debemos sinalar que, ao longo do tempo que se permitiu a prestación dos servizos na modalidade de teletraballo, esta foi moi satisfactoria tanto para a propia Administración como para o persoal, mellorando a calidade do servizo e reducindo a pendencia nos distintos órganos xudiciais. Por outra banda, permite unha mellor organización persoal e beneficia a conciliación tan necesaria na actualidade.

Polo tanto, cremos que xa é hora de que se regule esta modalidade sen cortapisas nin atrancos de ningún tipo.

A normativa é clara e directa.  Obriga a súa implantación e concede ese dereito para quen queira solicitalo, previa negociación coas organizacións sindicais, posibilidade que esta administración esta alongando sen xustificación nin motivo algún.

Erantsitako fitxategiak

PARTEKATU