Listas abertas 2026: convocadas novas especialidades de interinidades e substitucións

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

9 de abril de 2026

Interinidades e substitucións · Consellería de Educación

Hoxe publicáronse novas convocatorias de listas abertas para a incorporación de profesorado ás listas de interinidades e substitucións en diferentes especialidades.

A continuación tes acceso directo a cada resolución oficial e ao procedemento xeral de inscrición común a todas elas.

📝 Procedemento xeral de solicitude (ED003A)

  • Prazo: do 10 ao 16 de abril de 2026 (ambos incluídos)
  • Presentación: exclusivamente a través da Sede electrónica da Xunta
  • Procedemento: ED003A

Pasos a seguir:

  1. Acceder á Sede electrónica e buscar o procedemento ED003A
  2. Cubrir a solicitude correspondente á especialidade
  3. Anexar a documentación xustificativa
  4. Incorporar o xustificante de pagamento de taxas
  5. Asinar e rexistrar a solicitude
Acceder ao procedemento ED003A

📚 Convocatorias por especialidade

Lingua e literatura galega (590053)

Corpo de profesorado de ensino secundario.

Ver resolución
Grego (590002) · Latín (590003) · Portugués (590015)

Especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario.

Ver resolución
Alemán (592009) · EOI

Corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas.

Ver resolución
Portugués (592015) · EOI

Corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas.

Ver resolución
Relixión católica (702400) · ESO e Bacharelato

Listas para impartir relixión católica en secundaria e bacharelato.

Ver resolución
Relixión evanxélica (701402 / 702403)

Listas para primaria, ESO e bacharelato.

Ver resolución

COMPARTIR