CSIF esixe a publicación inmediata das listas definitivas do proceso de estabilización-concurso de méritos categoría profesional enfermeiro/a

7 de junio de 2023

CSIF considera inadmisible que dende a data da publicación da lista provisional de baremación do concurso de méritos en abril, non se teña dado unha solución ao persoal desta categoría

A Cenral Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) vén de esixir á Dirección de Recursos Humanos do SERGAS a publicación inmediata das listas definitivas de baremación do proceso de estabilización - Concurso de Méritos da categoría enfermeiro/a.

CSIF Sanidade denunciou hoxe, 7 de xuño de 2023, o mesmo que xa tivera denunciado mediante un escrito rexistrado no SERGAS con data de 18 de maio, é dicir: a demora na publicación da lista definitiva de baremación no Concurso de Méritos da categoría de méritos da categoría de enfermeiro/a derivado da Lei de Estabilización.

Como xa expuxemos nese escrito dirixido á Dirección Xeral do Servizo Galego de Saúde, esta demora está a condicionar a vida persoal e profesional dos/as aspirantes, xa que a data da OPE está prevista para o día 25 de xuño deste ano e, a día de hoxe, aínda non se sabe con seguridade se deben realizar o exame ou non. Esta situación obrígaos a seguir coa sua preparación (co desenvolso económico correspondente ao pagar academais).

Dende CSIF Sanidde, consideramos inadmisible que, dende a data da publicación da lista de baremación do concurso de méritos desta categoría no mes de abril, non se teña dado unha solución, cando falamos dunha categoría da que a Administración é consciente da situación na que se atopa, e as dificultades que hai para as súas coberturas, polo que non entendemos por que non se toman decisións ao respecto.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR