Aberta a convocatoria do programa Innovatech 26/27

  • Convocatorias

4 de noviembre de 2026

CSIF ENSINO GALICIA · FORMACIÓN PROFESIONAL

InnovaTech FP 2026/27: aberta a convocatoria para resolver retos tecnolóxicos de empresas

A Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 2 de novembro de 2026, pola que se convoca o programa InnovaTech FP para o curso 2026/2027.

O programa impulsa a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial mediante a resolución de 20 retos propostos por empresas. As solucións deberán contribuír positivamente ao desenvolvemento do medio rural.

Solicitudes: do 3 ao 25 de novembro de 2026

Ambos os días incluídos. A solicitude preséntaa o centro educativo por cada equipo participante.

Quen pode participar e como se forman os equipos?

Pode participar o alumnado de FP de centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, así como as persoas que titulasen nestas ensinanzas nos dous últimos cursos nalgún destes centros.

  • Equipos de 4 membros, mixtos en canto ao xénero. A composición paritaria valorarase positivamente.
  • Poden integrar participantes de distintos cursos, ciclos formativos ou centros educativos.
  • Cada estudante só pode participar nun equipo ao mesmo tempo.
  • Cada equipo contará cunha persoa docente coordinadora. Nos equipos de varios centros permítese designar dúas persoas coordinadoras de distintos centros.
Como presentar a solicitude?
  1. Cubrir o anexo I por cada equipo, dixitalmente, en formato folla de cálculo e sen asinar.
  2. Se participan persoas de máis dun centro, achegar a autorización das direccións dos outros centros participantes (anexo II).
  3. Presentar a solicitude dirixida á Dirección Xeral de Formación Profesional na sede electrónica da Xunta, mediante o procedemento PR004A.
  4. Enviar tamén copia da solicitude e da documentación a fpinnova@edu.xunta.gal, dentro do prazo de presentación.

Atención ás emendas: tras a publicación da listaxe de equipos, os centros con defectos ou documentación incompleta disporán de 3 días naturais desde o día seguinte á publicación para emendar. De non facelo, daranse por desistidos da solicitude.

Fases e datas principais
  • 1 de decembro de 2026: xornada de lanzamento dos retos no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.
  • Ata o 29 de xaneiro de 2027: presentación das propostas iniciais. Seleccionaranse un máximo de tres propostas por reto para a segunda fase.
  • Ata o 21 de maio de 2027: presentación das solucións finais, cunha memoria en galego de ata 20 páxinas.
  • Xornada final: exposición das solucións e selección da mellor proposta para cada reto.

As datas poderán modificarse por motivos organizativos. As actualizacións publicaranse na páxina oficial do programa.

Formación e apoio aos equipos

Os equipos recibirán formación especializada e asesoramento do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, con apoio no desenvolvemento das propostas, prototipado e modelos de negocio.

As solucións seleccionadas incorporaranse á área de emprendemento industrial do centro de innovación para a súa incubación e aceleración, podendo dar lugar a empresas de base tecnolóxica.

Documentación e ligazóns

Descargar a convocatoria

CSIF Ensino Galicia · Por ti, contigo no ensino.

COMPARTIR