CONCURSO DE MÉRITOS ESPECÍFICO ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA
- Otros artículos
20 de junio de 2022
Para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

CONCURSO DE MÉRITOS ESPECÍFICO ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA
ORDE do 8 de xuño de 2022 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.
Participantes e requisitos
Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira e funcionario en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que estea en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2021/22 e que estea en posesión do título de perfeccionamento en lingua galega ou do certificado de lingua galega (Celga 4) ou certificación ou validación equivalente.
Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia o 31 de agosto de 2022 aquel persoal docente que desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe reincorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.
Así mesmo, tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que se atope na situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e, se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, só poderá participar se ao finalizar o curso escolar en que se realice esta convocatoria tivese transcorrido un ano desde que pasaron a esta situación. Tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes desta consellería que estea en comisión de servizos fóra desta comunidade autónoma.
Solicitudes e documentación
Aínda que concurse a máis dunha praza, o persoal concursante presentará unha única solicitude axustada ao modelo que figura como anexo II, coa que achegará cuberta a folla de autobaremación que figura como anexo IV e a documentación que se indica no baremo que figura como anexo III para a acreditación dos méritos que alegue. En todo caso, a antigüidade será baremada de oficio pola Administración.
Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos dos méritos alegados que xa figuren no seu expediente persoal no enderezo web https://www.edu.xunta.es/datospersoais
No caso de que o persoal participante posúa méritos que non consten no seu expediente ou de que estes sexan incorrectos, deberá xerar unha nova solicitude no enderezo web https://www.edu.xunta.es/datospersoais e, xunto cunha copia dos méritos alegados, achegala coa solicitude de participación neste concurso específico.
As persoas concursantes presentarán ademais un proxecto de traballo por cada posto que soliciten, que versará sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes a cada posto, tendo en conta as características destes, cunha extensión máxima de 20 folios por proxecto.
Lugar e prazo de presentación
O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, utilizando o formulario PR004A, dispoñible na referida sede electrónica.