Novidades en programas educativos 2026/27: Eduemprende, Sinerxía, CUALE, Observa_Acción e PLAMBE

  • Convocatorias

28 de octubre de 2026

CSIF ENSINO GALICIA · PROGRAMAS EDUCATIVOS

Novidades en programas educativos 2026/27: Eduemprende, Sinerxía, CUALE, Observa_Acción e PLAMBE

Información publicada no Portal Educativo os días 26 e 28 de outubro de 2026.

A Consellería publicou novas convocatorias e resolucións de cinco programas educativos. Recollemos as principais novidades, os prazos que deben ter en conta os centros e as ligazóns á documentación oficial.

Información destacada

  • Eduemprende: listaxe provisional. Reclamacións ou emenda de documentación do 27 de outubro ao 2 de novembro, segundo o anuncio do Portal Educativo.
  • Plan Sinerxía: convocatoria de participación. Solicitudes ata o 13 de novembro de 2026.
  • CUALE: listaxe definitiva de centros autorizados.
  • Observa_Acción: resolución provisional da Fase I autonómica. Prazo de 3 días hábiles para reclamacións ou renuncias a partir da publicación.
  • PLAMBE: resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares e dos programas complementarios.

1. Eduemprende: listaxe provisional de centros seleccionados

Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos nos programas do Plan Eduemprende 2026/27, convocados pola Resolución do 18 de setembro de 2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

O anuncio do Portal Educativo indica que o prazo para presentar reclamacións ou emendar documentación estará aberto do 27 de outubro ao 2 de novembro, ambos incluídos.

As reclamacións dirixiranse a solicitudes.eduemprende@edu.xunta.gal, indicando no asunto o nome do programa no que se presentou a solicitude.

2. Plan Sinerxía: convocatoria para o curso 2026/27

Convocada a participación no Plan Sinerxía, destinado a promover a coordinación e o desenvolvemento integrado de actuacións educativas nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería.

Os programas organízanse en seis ámbitos: educación artística e patrimonial; igualdade e cidadanía; interculturalidade e internacionalización; lingua e comunicación; hábitos de vida saudables; e sostibilidade.

  • Prazo: desde o día seguinte á publicación, o 29 de outubro, ata o 13 de novembro de 2026.
  • Participación: un máximo de cinco programas por centro.
  • Modalidades: unha por programa, agás Nutriescolas, Aulas solidarias e Movemento Azul, nos que non haberá límite de modalidades.
  • Tramitación: unha solicitude por cada programa a través de Programas Educativos, presentada pola dirección ou por unha persoa autorizada.
  • Requisito previo: informar o Claustro e contar coa aprobación do Consello Escolar ou Consello Social, segundo corresponda.

O documento xerado polo aplicativo debe custodiarse no centro como xustificante e non ten que remitirse por outra vía.

3. CUALE: listaxe definitiva de centros autorizados

Publicada a listaxe definitiva de centros autorizados para participar no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, no curso 2026/27.

O anexo da resolución permite consultar os centros autorizados, as linguas e as modalidades correspondentes, unha vez realizados os trámites de inscrición do alumnado e de ratificación dos datos de preinscrición.

4. Observa_Acción: resolución provisional da Fase I autonómica

Publicada a resolución provisional de participación na Fase I autonómica do programa de formación «Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais», correspondente á convocatoria para os cursos 2026/27 e 2027/28.

A resolución recolle os centros adxudicatarios ordenados segundo a puntuación recibida e establece un prazo de 3 días hábiles a partir da publicación para efectuar reclamacións ou renuncias.

Os escritos deberán dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta, mediante o procedemento PR004A. A solicitude identificarase coa denominación «Convocatoria Observa_Acción», achegando o escrito correspondente.

5. PLAMBE: resolución definitiva e programas complementarios

Publicada a resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares para centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería no curso 2026/27.

A resolución incorpora 26 novos centros ao PLAMBE e establece as achegas concedidas aos centros de nova incorporación e aos que continúan no plan.

Tamén resolve as achegas dos programas complementarios Radio na biblio, Biblioteca creativa e Lectura e familias. Os centros poden consultar nos anexos a súa participación e as contías asignadas.

CSIF Ensino Galicia

Por ti, contigo no ensino.

COMPARTIR