Convocatoria de probas para a otbención do Celga 2, 3 e 4

16 de septiembre de 2026

Segunda convocatoria 2026

Probas para obter os certificados Celga 2, 3 e 4

Aberto o prazo de inscrición para as probas oficiais de acreditación do coñecemento da lingua galega.

Información destacada

Prazo
Do 17 de setembro ao 7 de outubro de 2026
Niveis
Celga 2, Celga 3 e Celga 4
Taxa
16,92 € por cada nivel
Procedemento
PL500C

A Secretaría Xeral da Lingua convoca, por segunda vez en 2026, as probas para obter os certificados oficiais de lingua galega dos niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Persoas destinatarias

Poden participar persoas nacionais ou estranxeiras maiores de 16 anos ou que cumpran esa idade durante o ano 2026.

Datas e localidades das probas

Nivel Data Localidades
Celga 4 14 e 15 de novembro Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
Celga 3 21 de novembro Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
Celga 2 22 de novembro Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

As sedes concretas e os horarios publicaranse en lingua.gal xunto coas listaxes definitivas de persoas admitidas.

Solicitude e presentación
  • Debe cubrirse o formulario normalizado do procedemento PL500C.
  • Na solicitude indicarase o nivel ou niveis aos que se desexa concorrer e a localidade elixida.
  • A presentación realizarase preferentemente por vía electrónica na Sede da Xunta, con certificado dixital, DNIe ou Chave365.
  • Tamén pode presentarse presencialmente nos rexistros admitidos pola normativa.
Taxa e documentación

A taxa é de 16,92 € por cada nivel solicitado (código 304401) e debe pagarse dentro do prazo de inscrición.

Se o pagamento se realiza durante a tramitación electrónica, o xustificante xérase automaticamente. Noutro caso, deberá achegarse coa solicitude.

As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, logo da acreditación correspondente, están exentas do pagamento.

Adaptacións por discapacidade

As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % poden solicitar motivadamente a exención dalgunha destreza comunicativa cando non poidan acreditala, así como os apoios que precisen para realizar as probas: máis tempo, maior tamaño de letra, lectura fácil ou outras adaptacións.

Tramitar a solicitude Consultar a convocatoria no DOG Información en lingua.gal
Importante: tanto a solicitude como o pagamento da taxa deben quedar realizados dentro do prazo, que remata o 7 de outubro de 2026 ás 23.59 horas.

COMPARTIR