Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais: convocatoria 2026/27
- Convocatorias
10 de septiembre de 2026
Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais
Obradoiros para promover un uso seguro, responsable e proveitoso das tecnoloxías.
Información destacada
- Destinatarios: alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO e de ciclos formativos de grao básico.
- Prazo de solicitude: ata o 23 de setembro de 2026.
- Actividade: un obradoiro presencial de 90 minutos por centro.
- Participantes: máximo de 30 alumnos e alumnas por obradoiro.
- Número de obradoiros: 250, asignados por orde de chegada das solicitudes.
Convocatoria
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convoca o programa Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais para o curso 2026/27.
Poderán participar os centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Presentación de solicitudes
O centro deberá cubrir o anexo de solicitude e envialo por correo electrónico ao seguinte enderezo:
asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal
No asunto da mensaxe deberá indicarse: «Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais».
Selección dos centros
Seleccionaranse un máximo de 250 centros, atendendo á orde de entrada das solicitudes no correo electrónico indicado.
Se quedan prazas dispoñibles, poderán asignarse novos obradoiros aos centros que manifestasen interese en realizar máis dun, respectando igualmente a orde de solicitude.