Seguimos avanzando coa mellora das ratios na ESO e Bacharelato

  • Negociaciones y acuerdos

9 de julio de 2026

CSIF, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP valoran a sinatura do acordo que permite avanzar tamén na redución progresiva das ratios na ESO e no Bacharelato.

Seguimos avanzando coa mellora das ratios tamén na ESO e Bacharelato

CSIF, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP valoramos positivamente a sinatura do acordo que permite avanzar tamén na redución progresiva das ratios na ESO e no Bacharelato.

Este paso dá continuidade aos compromisos anunciados en abril e forma parte do desenvolvemento do Acordo sobre Medidas de Mellora do ensino público galego.

Desde CSIF seguimos traballando desde a negociación para que os avances comprometidos se traduzan en melloras reais nos centros, nas condicións do profesorado e na atención ao alumnado.

Datos destacados do acordo

  • Redución progresiva das ratios tamén nas etapas de ESO e Bacharelato.
  • Na ESO, o máximo previsto será de 25 estudantes por aula.
  • No Bacharelato, o máximo previsto será de 30 estudantes por aula.
  • A redución en Secundaria iniciarase a partir de setembro de 2028.

Ligazóns de interese

Información na web da Consellería  

CSIF Ensino seguirá defendendo que a mellora das ratios, a atención á diversidade e as condicións laborais do profesorado teñan unha aplicación real e efectiva nos centros educativos galegos.

COMPARTIR