Convocada nova mesa secotorial docente para o día 30 de xuño con puntos moi importantes
- Negociaciones y acuerdos
29 de junio de 2026
Convocada unha nova Mesa Sectorial Docente con propostas sobre redución de rateos, táboa de afinidades e novos currículos de Formación Profesional.
CSIF Ensino informa
A Consellería de Educación convocou unha nova sesión da Mesa Sectorial Docente Non Universitaria, que terá lugar o martes 30 de xuño de 2026, ás 10:30 horas, na Aula 2 da Escola Galega de Administración Pública.
Entre os asuntos incluídos na orde do día figuran a redución do número de alumnado nas aulas de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, a análise da táboa de afinidades e varios proxectos de orde sobre os currículos dos ciclos formativos de Formación Profesional.
CSIF Ensino analiza a documentación remitida pola Consellería e informa ao profesorado dos principais asuntos que poden afectar á organización dos centros e ás condicións laborais do persoal docente.
Nota: CSIF Ensino non forma parte da Mesa Sectorial Docente Non Universitaria ao non contar con representación neste órgano. Aínda así, consideramos fundamental trasladar ao profesorado a información e a documentación dispoñible sobre os asuntos incluídos na convocatoria.
📅 Data da Mesa Sectorial: martes, 30 de xuño de 2026, ás 10:30 horas.
Asuntos máis destacados
Redución de ratios
A proposta de addenda recolle a redución progresiva das ratios máximas en ESO e Bacharelato.
25 alumnos/as por unidade na ESO e 30 alumnos/as por unidade en Bacharelato.
Táboa de afinidades
Borrador de correspondencia entre especialidades docentes, materias da ESO, materias afíns e ámbitos prioritarios.
Inclúe referencias a PDC, FP Básica e Educación Secundaria para Persoas Adultas.
Currículos de FP
Inclúense proxectos de orde dos currículos de grao básico, grao medio, grao superior e títulos de especialista e máster de FP.
Orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 26 de maio de 2026
Primeiro punto formal da sesión da Mesa Sectorial Docente Non Universitaria.
2. Redución do número de alumnado nas aulas de ESO e Bacharelato
A convocatoria inclúe a proposta de addenda ao acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal docente.
A proposta establece a redución progresiva das ratios máximas:
- 25 alumnos/as por unidade na ESO, en todos os centros sostidos con fondos públicos.
- 30 alumnos/as por unidade en Bacharelato.
- Aplicación progresiva a partir do primeiro curso da ESO no curso 2028/2029.
- Período transitorio ata o curso 2031/2032, incluído.
3. Documentación sobre afinidades
A documentación inclúe o borrador da táboa de afinidades, que recolle a correspondencia entre as especialidades docentes do profesorado de ensino secundario, as materias da Educación Secundaria Obrigatoria e as materias e ámbitos afíns prioritarios.
O documento incorpora tamén ámbitos afíns correspondentes aos Programas de Diversificación Curricular, á Formación Profesional Básica e á Educación Secundaria para Persoas Adultas.
A finalidade desta táboa é determinar a atribución docente de cada materia na ESO, facilitando a organización académica e a planificación dos recursos humanos dos centros.
Consultar borrador da táboa de afinidades4. Proxecto de orde do currículo dos ciclos formativos de grao básico
Inclúese o proxecto de orde polo que se establece o currículo dos ciclos formativos de grao básico na Comunidade Autónoma de Galicia.
O documento forma parte da adaptación da Formación Profesional ao novo marco normativo e á organización dos ciclos formativos.
Consultar proxecto de orde de grao básico5. Proxecto de orde do currículo dos ciclos formativos de grao medio
O documento regula a organización e o currículo dos ciclos formativos de grao medio no marco da nova ordenación da Formación Profesional.
Inclúe a estrutura curricular, módulos profesionais, espazos, equipamentos e demais aspectos organizativos dos ciclos.
Consultar proxecto de orde de grao medio6. Proxecto de orde do currículo dos ciclos formativos de grao superior
A proposta establece a organización e o currículo dos ciclos formativos de grao superior na Comunidade Autónoma de Galicia.
CSIF Ensino revisará o seu impacto na planificación dos centros, nos recursos necesarios e nas condicións de impartición destas ensinanzas.
Consultar proxecto de orde de grao superior7. Proxecto de orde dos títulos de especialista e de máster de Formación Profesional
Inclúese tamén o proxecto de orde polo que se establece o currículo dos títulos de especialista e de máster de Formación Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
O documento regula aspectos da organización destas ensinanzas e a súa implantación no sistema educativo galego.
Consultar proxecto de orde de especialista e máster FP8. Rolda final de intervencións
Punto final previsto na orde do día da convocatoria da Mesa Sectorial.
Valoración de CSIF Ensino
CSIF Ensino considera que os asuntos incluídos nesta convocatoria teñen unha incidencia directa na organización dos centros educativos, na planificación dos recursos humanos e nas condicións de traballo do profesorado.
Aínda que CSIF non participa na Mesa Sectorial Docente Non Universitaria por non contar con representación neste órgano, seguiremos analizando toda a documentación dispoñible e informando ao profesorado das cuestións que poidan afectar ao desenvolvemento da súa actividade profesional.
Prestaremos especial atención á aplicación efectiva da redución de ratios, á repercusión da táboa de afinidades na atribución docente e ao impacto dos novos currículos de Formación Profesional na organización dos centros.
Documentación da Mesa Sectorial
CSIF Ensino Galicia continuará informando sobre todas as novidades que afecten ás condicións laborais, organizativas e profesionais do profesorado galego.