CONVOCATORIA DE PLAN PROXECTA+
- Otros artículos
8 de junio de 2022

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DE PLAN PROXECTA+
Aos 42 programas ofertados na convocatoria anterior súmanse 2 novos programas dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Mestres gandeiros e Rede Eco Hortas Escolares) e un en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación e o Consello Superior de Investigacións Científicas: AntarticLab CSIC.
O prazo de solicitude estará aberto dende o 8 de xuño ata o 26 de setembro de 2022.
Para máis información podedes consultar a páxina web de Plan Proxecta+: http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta