CUALE 2026/27: convocatoria para a formación complementaria en linguas estranxeiras
- Convocatorias
4 de junio de 2026
Aberto o prazo para que os centros soliciten a participación no programa CUALE para o curso 2026/27.
Información destacada
A Consellería publica a convocatoria do programa CUALE, dirixido á formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado durante o curso 2026/27.
Poderán participar os centros docentes públicos non universitarios da Consellería que impartan ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.
📅 Prazo de solicitude
Do 3 ao 25 de xuño de 2026.
🌍 Programa CUALE
Cursos de formación complementaria en linguas estranxeiras para facilitar a acreditación da competencia lingüística.
🏫 Centros destinatarios
Centros públicos non universitarios con ESO, Bacharelato ou FP.
Prazos principais
- Preinscrición: do 3 ao 25 de xuño de 2026.
- Inscrición do alumnado: ata o 15 de setembro de 2026, na secretaría do centro.
- Confirmación de datos: do 16 ao 23 de setembro de 2026.
- Memoria final: antes do 30 de xuño de 2027.
Características do programa
- Desenvolverase ao longo do curso escolar fóra do horario lectivo.
- A participación do alumnado será voluntaria e gratuíta.
- Os grupos estarán formados, con carácter xeral, por entre 10 e 20 alumnas/os.
- O alumnado poderá ser do propio centro ou doutros centros sostidos con fondos públicos.
Solicitude dos centros
Os centros interesados deberán presentar a solicitude a través da aplicación de programas educativos da Consellería, no apartado correspondente a CUALE 2026/2027.
Unha vez rematado o proceso, a aplicación xerará un documento PDF que quedará custodiado no centro como xustificante da presentación.
Ligazóns oficiais
Descargar resolución Consultar DOG Instrucións de solicitude Acceder á solicitude