Resolución da convocatoria de proxectos de dinamización lingüística

  • Convocatorias

27 de mayo de 2026

A Consellería resolve a convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para centros docentes públicos durante o curso 2025/2026.

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publican a resolución da convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para centros docentes de titularidade pública da Consellería.

Curso 2025/2026.
Data de publicación 27 de maio de 2026.
Destinatarios Centros docentes públicos da Consellería.

Proxectos seleccionados como excelentes

  • Bingo #SoManolo — IES Valle Inclán, Pontevedra.
  • Trebellos con voz — IES Illa de Ons, Bueu.
  • Πilleite! Reto matemático en galego — IES do Milladoiro, IESP de Ames e IES Xulián Magariños.
  • ArgaQuest — IES Fernando Wirtz Suárez, A Coruña.
  • Palabra no tempo — CPI Poeta Uxío Novoneyra, Folgoso do Courel.

Dotación e recoñecemento

Cada un dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha dotación económica de 2.000 euros para o centro ou centros participantes.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos proxectos recibirá certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

Consulta a resolución oficial

A Consellería publica a resolución e os anexos correspondentes á convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística.

Consultar publicación da Consellería
CSIF informa da publicación desta resolución e recomenda aos centros interesados revisar a documentación oficial e os anexos da convocatoria.

COMPARTIR