DO BULO AO DATO!

  • Últimas noticias

15 de mayo de 2026

DO BULO AO DATO

Información con rigor sobre o acordo de mellora do ensino público galego. Fronte ao ruído, ás interpretacións interesadas e ás mensaxes alarmistas, desde CSIF Ensino achegamos contexto, datos e explicacións verificables.

📌 Serie informativa de CSIF Ensino Galicia

Nos últimos tempos están a circular polos centros educativos e polas redes sociais múltiples interpretacións interesadas sobre as medidas levadas á Mesa Sectorial de Educación.

Con esta serie de publicacións queremos desmontar falsidades, aclarar dúbidas e explicar con rigor o contido real do acordo e das medidas negociadas.

Porque o profesorado merece información contrastada, explicacións completas e menos ruído.

📍 Bulo 1 · Quen dá leccións sobre negociación colectiva?
❌ O que se intenta trasladar:
Que se está vulnerando a negociación colectiva e que determinadas organizacións son as únicas defensoras da representación sindical.
✅ O dato:
Na propia Mesa Sectorial de Educación, o sindicato que apelaba continuamente á súa representatividade maioritaria decidiu finalmente asistir con menos da metade das representantes que lle correspondían.

Resulta contraditorio denunciar constantemente unha suposta vulneración da negociación colectiva e, ao mesmo tempo, non ocupar plenamente os espazos de representación dispoñibles no principal órgano de negociación.

📌 O profesorado merece información rigorosa, non relatos interesados nin ruído permanente.
📍 Bulo 2 · A excepcionalidade das 18 sesións é algo novo?
❌ O que se está dicindo:
Que a posibilidade excepcional de superar as 18 sesións lectivas aparece agora por primeira vez co novo acordo.
✅ O dato:
A excepcionalidade xa existía na normativa de Secundaria de 1987, 1997, 2011 e 2012, e tamén aparece no propio proxecto estatal de redución de ratios e xornada.

A diferenza fundamental é que agora:

  • ✔️ Recupéranse as 18 sesións lectivas como referencia xeral.
  • ✔️ A excepcionalidade pasa a ser voluntaria para quen imparta materias afíns.
  • ✔️ Introdúcese unha compensación máis garantista.

Se excepcionalmente se supera o límite:

  • Cada sesión lectiva de exceso compénsase con dúas sesións complementarias.
  • Primeiro redúcense complementarias fixas.
  • E só cando estas se esgotan, redúcense complementarias non fixas.
📌 Non se xeneralizan as 19 ou 20 sesións. As 18 recupéranse como norma xeral e mellóranse as garantías para os casos excepcionais.
📍 Bulo 3 · Cal era realmente o punto de partida?
❌ O ruído:
Presentar a situación galega como equivalente á doutras comunidades sen explicar as diferenzas reais de organización horaria.
✅ O dato:
En Galicia as sesións son de 50 minutos, mentres noutros territorios son de 55 ou 60 minutos.

A pesar de ter 20 sesións lectivas, Galicia contaba coa permanencia fixa no centro máis baixa do Estado.

O obxectivo da negociación era:

  • ✔️ Baixar a 18 sesións lectivas.
  • ✔️ Manter a duración actual das sesións.
  • ✔️ Conservar unha permanencia fixa reducida.
📌 Menos ruído. Máis contexto. Máis datos.
📍 Bulo 4 · Galicia pasa a ter o mellor horario lectivo en ESO e Bacharelato?
❌ O que se intenta transmitir:
Que o acordo non supón unha mellora real das condicións horarias do profesorado galego e que Galicia seguiría en peor situación ca outras comunidades autónomas.
✅ O dato:
Cos datos enriba da mesa, a proposta levada á Mesa Sectorial sitúa Galicia á cabeza do Estado en condicións horarias para o profesorado de ESO e Bacharelato.

Falamos de 18 sesións lectivas semanais de 50 minutos, é dicir, 900 minutos lectivos á semana.

Existe a excepcionalidade para chegar ás 20 sesións, si, porque é necesaria para a organización dos centros e porque xa existía desde 1987.

Pero agora engádense garantías claras:

  • ✔️ Por cada sesión lectiva extra redúcese a permanencia no centro en dúas sesións.
  • ✔️ De chegar ás 20 lectivas, non habería gardas de ningún tipo.
  • ✔️ Tamén se consegue evitar esa excepcionalidade para quen imparta materias afíns.

Para valorar con rigor o horario docente non chega con mirar só o número de sesións lectivas. Hai que comparar tamén a duración de cada sesión e a permanencia fixa no centro.

E aí Galicia tamén sae gañando: entre 23 e 20 sesións de permanencia fixa no centro.

📌 Menos minutos lectivos, menor permanencia fixa e máis garantías. Galicia pasa a situarse á cabeza en condicións horarias para ESO e Bacharelato.

COMPARTIR