Axuda do Fondo de Acción Social 2025 para atención de persoas con discapacidade

  • Acción Social
  • Acción Social Administraciones Públicas

15 de abril de 2026

Publícouse no DOG a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e a convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2025 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

📅 Prazo de solicitude ata o 29 de abril: 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación no DOG (15 de abril de 2026).

Quen pode solicitala

  • Persoal funcionario, incluído o persoal docente.
  • Profesorado de relixión.
  • Persoal que prestase servizos en 2025 e estea en activo durante o prazo de solicitude.

Requisitos principais

  • Convivencia coa persoa causante (fillos/as, cónxuxe, ascendentes, etc.).
  • Discapacidade:
    • ≥ 75 %, ou
    • ≥ 33 % con límites de ingresos.

Contía da axuda

2.160 € por persoa causante (con posibles axustes segundo casos).

Documentación básica
  • DNI/NIE da persoa causante.
  • Certificado de discapacidade.
  • Empadroamento (convivencia).
  • Documentación económica se procede.
  • Certificado do centro educativo no caso do persoal docente.
Como presentar a solicitude
  • Solicitude electrónica.
  • Procedemento: PR004A.
  • Indicar: Fondo de Acción Social 2025.

A ter en conta

  • Incompatible con outras axudas similares.
  • Só unha persoa pode solicitala por cada causante.
  • Datos incorrectos poden supoñer exclusión e devolución da axuda.
Acceder ao DOG

COMPARTIR