Convocatoria do VIII Concurso de Pódcasts – Radio na biblio (curso 2025/26)
- Convocatorias
19 de febrero de 2026
A Consellería ven de publicar a Resolución do 16 de febreiro de 2026 pola que se convoca o concurso, en colaboración coa Radio Galega, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares.
🎙️ A quen vai dirixido?
- Centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería.
- Poderán participar centros integrados ou non no programa Radio na biblio.
📅 Prazo de presentación
- Do 20 de febreiro ao 19 de marzo de 2026.
Prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación no portal educativo.
🖥️ Como presentar a solicitude
- A solicitude tramítase a través do aplicativo de Bibliotecas Escolares.
Que se convoca?
Concurso de pódcasts “Radio na biblio” para o curso 2025/26, dentro do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares e coa colaboración da Radio Galega.
Documentación oficial
Ligazón ao artigo da Consellería
Nota CSIF: Recoméndase revisar con detalle a resolución (bases, requisitos e instrucións de participación) antes de presentar a solicitude.