Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional — Portugués (590015)
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
13 de febrero de 2026
Publicada a Resolución do 13 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e fai pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento de elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de Portugués (590015) (procedemento ED003A).
⏳ Reclamacións / alegacións
As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e/ou o baremo provisional no prazo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación (13/02/2026).
A reclamación presentarase obrigatoriamente por vía electrónica a través do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada na sede electrónica da Xunta.
Non se admitirán alegacións presentadas por unha vía distinta á indicada.
📎 Documentación oficial publicada
📄 Resolución de convocatoria (03/02/2026)
Se precisas axuda para revisar o baremo ou tramitar alegacións, contacta con CSIF Ensino.