CSIF logra que o Goberno aboe, por fin, a subida de 2025 con efectos retroactivos e cun incremento salarial do 11,4% ata 2028 recuperando así un 2,9% de poder adquisitivo
27 de noviembre de 2025
CSIF dá o visto bo ao novo acordo salarial 2025–2028 e de condicións laborais
Resumo de retribucións
- 2025: 2,5 por cento.
- 2026: 1,5 % máis un 0,5 % adicional se o IPC é igual ou superior ao 1,5 %.
- 2027: 4,5 por cento.
- 2028: 2 por cento.
Polo tanto, este acordo, de entrada, pon fin á conxelación salarial que padecían as/os empregados públicos deste país, que verán reflectidas nas súas nóminas unha subida do 2,5 %, con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2025, e cobrando así atrasos a partir de decembro.
Ademais, en 2026 as nóminas subirán un 4 % en xaneiro (ao que se engadirá un 0,5 % máis en función do IPC a pagar en 2027 con efectos retroactivos); ata un 9 % en 2027 (9 puntos de subida en 12 meses) e culminarán nun 11,4 % acumulado en 2028.
A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), sindicato máis representativo nas administracións públicas, deu o seu visto bo ao novo acordo salarial (2025-2028) e de condicións laborais negociado co Ministerio de Función Pública e que será asinado nos próximos días.
A clave para o visto bo foi a cesión de Función Pública para engadir un 0,5 ao ano 2026 vinculado a que o IPC sexa igual ou superior ao 1,5 por cento da parte fixa para este ano. Este incremento pagaríase no primeiro trimestre de 2027 con efectos retroactivos.
Polo tanto, este acordo, de entrada, pon fin á conxelación salarial que padecían as/os empregados públicos deste país, que verán reflectidas nas súas nóminas unha subida dun 2,5 por cento, con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2025, e cobrando así atrasos a partir de decembro.
Ademais, en 2026 as nóminas subirán un 4 por cento en xaneiro (ao que se engadirá un 0,5 por cento máis en función do IPC a pagar en 2027 con efectos retroactivos); ata un 9 por cento en 2027 (9 puntos de subida en 12 meses) e culminarán nun 11,4 por cento acumulado en 2028.
CSIF subscribe este acordo por unha cuestión de responsabilidade e compromiso coas e cos empregados públicos. Conseguimos o mellor acordo posible tendo en conta as dificultades que atravesa o país, a inestabilidade política, o bloqueo orzamentario e as limitacións económicas da Unión Europea e a OTAN (gasto en defensa).
Os empregados públicos, despois de meses de protestas lideradas por CSIF, mérécense empezar a recuperar poder adquisitivo e mellorar as súas condicións laborais, porque do contrario o Goberno manifestou a súa intención de retirar a proposta, prolongando a situación de precariedade de todos os traballadores.
De feito, consideramos este acordo como unha vitoria de CSIF, que emprendeu a súa loita nas rúas en solitario e un logro colectivo das empregadas e empregados públicos, que deron exemplo estes meses co soldo conxelado, o seu apoio ás mobilizacións e traballando en todo momento con profesionalidade e enteireza, en momentos moi difíciles, para garantir o Estado de Benestar e os servizos que reciben os cidadáns.
Así mesmo, as propostas de CSIF van permitir desbloquear melloras laborais (xornada de 35 horas e regulación do teletraballo na Administración do Estado, entre outras que se aplicarán de maneira inmediata).
Estes son os principais aspectos que recolle o acordo, ademais das retribucións antes citadas:
- Elimínase a actual taxa de reposición para favorecer o reforzo das plantillas nos ámbitos máis necesitados e reducir a contratación de persoal temporal.
- Acortaranse os prazos dos procesos selectivos nas ofertas de emprego público para que a súa resolución definitiva non supere o ano.
- Amplíase e mellórase tanto a promoción interna como a mobilidade.
- Adaptarase a clasificación de postos de traballo, adecuándoa ás funcións reais, tendo en conta a experiencia e os requisitos formativos habilitantes.
- Impulsaranse procesos exclusivos e diferenciados de promoción interna de cursos selectivos, potenciando os concursos de méritos mediante o establecemento do concurso aberto e permanente.
- Ao longo de 2026 revisaranse e elevaranse os complementos de residencia e insularidade e as indemnizacións por razón de servizo eliminando as desigualdades entre empregados públicos.
- Reforzaranse as plantillas de atención ao público, adecuando retributivamente estes postos de traballo.
- Actualizaranse os permisos e incorporaranse melloras en materia de conciliación.
- Impúlsanse medidas para garantir a igualdade e a non discriminación, así como fronte ao acoso sexual, a prevención e a loita contra a violencia de xénero.
- Reforzarase a protección da saúde laboral, con medidas de apoio psicolóxico e fronte a agresións, entre outras.
- Abordaranse as actualizacións retributivas do Persoal Laboral do Exterior.
- Analizaranse melloras en materia de xubilación.
- Reforzarase a calidade sanitaria do Mutualismo Administrativo (MUFACE, MUGEJU e ISFAS).
Ademais, para CSIF, foi clave que o acordo recolla, a proposta de CSIF, melloras en permisos, acción social, prestación sanitaria do mutualismo administrativo, xubilacións de clases pasivas e que as revisións dos complementos por residencia así como as indemnizacións por razón de servizo se revisen á alza o próximo ano.