Listaxe provisional de candidaturas admitidas e excluídas para a súa participación nos premio Innovagal para o ano 2025

  • Convocatorias

19 de noviembre de 2025

Publicada a listaxe provisional de candidaturas admitidas e excluídas para a súa participación nos premios educativos Innovagal 2025, respondendo á Resolución do 2 de xuño de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convocan estes premios para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia.

A convocatoria ten como obxectivo recoñecer e apoiar as boas prácticas en innovación educativa, difundindo experiencias de calidade en centros públicos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e educación de persoas adultas, de acordo coas liñas temáticas recollidas no Anexo I (liñas temáticas) .

⏱️ Os centros excluídos dispoñen de cinco días hábiles a partir da publicación desta listaxe no Portal Educativo (ata o 26 de novembro) para emendar ou completar a documentación ausente nas súas solicitudes. De non facelo, darase por desestimada a candidatura.

Listaxe provisional de candidaturas admitidas e excluídas (PDF)

Xunto coa listaxe provisional, mantéñense dispoñibles todos os documentos da convocatoria:

O anuncio principal da convocatoria pode consultarse tamén no Portal Educativo: Resolución do 2 de xuño de 2025, pola que se convocan os premios educativos Innovagal 2025 .

Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da publicación oficial do 19/11/2025 no Portal Educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

COMPARTIR