CSIF convídate ao Webinar ¿Cómo coidar a nosa saúde mental?

  • Otros artículos
  • Prevención de Riesgos Laborales

15 de octubre de 2025

Dende o Gabinete CSIF Axuda lanza un novo ciclo de Webinars “Falemos de…” sobre temas relacionados coa saúde mental (autocoidado, dereitos laborais, intelixencia emocional, depresión, suicidio, agresións, etc.), esencial para concienciar, formar e empoderar ao persoal traballador fronte aos riscos psicosociais, que hoxe constitúen unha das principais causas de baixa laboral.
Estes espazos permiten ofrecer información clara e accesible sobre como detectar o estrés, a ansiedade ou o acoso, fomentar hábitos saudables e difundir os dereitos laborais.

O noso obxectivo é informar e favorecer a participación e o apoio mutuo, axudar a romper o estigma que aínda rodea os problemas psicolóxicos e reforzar o papel do noso sindicato como axente de cambio en materia de saúde laboral, comprometido cun entorno de traballo seguro, humano e digno.

Porque CSIF escoita e fala claro sobre estes temas.

🗓 Convidámoste ao próximo WEBINAR “Como coidar a nosa saúde mental?”, que celebraremos o 23 de outubro de 2025, en horario de 17:00 a 18:30 h.
📺 Podes acceder neste enlace: https://www.youtube.com/live/56oKB8qCPwY

COMPARTIR