Convocatoria de Proxectos de Formación do Profesorado de Formación Profesional e de Ensinanzas de Réxime Especial 2025-2026

  • Convocatorias

14 de octubre de 2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ven de publicar a convocatoria para proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial en centros públicos para o curso 2025-2026.

Prazos de inscrición

O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:

  • 1º fase: ata o 21 de outubro de 2025
  • 2º fase: ata o 5 de novembro de 2025

A solicitude farase dende o apartado "Convocatorias" da aplicación FProfe.

 Convocatoria

Máis info e modelos en: https://www.edu.xunta.gal/fp/proxectos-formacion-profesorado-formacion-profesional-ensinanzas-rexime-especial-2025-2026

 

COMPARTIR