Listas de interinidades e substitucións profesores de escolas oficiais de idiomas (592)
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
14 de octubre de 2025
Especialidades de: Italiano (592012) e Xaponés (592013)

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ven de publicar a Resolución do 13 de outubro de 2025 pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).
As listas ábrense para as especialidades de: Italiano (592012) e Xaponés (592013).
Prazo de presentación de solicitudes: desde o martes 14 de outubro ata o luns 27 de outubro de 2025, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Debes acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o martes día 14 de outubro de 2025.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos débese posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Sigue os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º Lembra que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, non dubidedes en chamar á sede.