Convocatoria listas de interinidades e substitucións de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

14 de octubre de 2025

Especialidade: Mecanizado e mantemento de máquinas (598005)

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ven de pubicar a Resolución do 13 de outubro de 2025 da , pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A).

A especialidade para a que se abren listas é a de  Mecanizado e mantemento de máquinas (598005)

Prazo de presentación de solicitudes: desde o martes 14 de outubro ata o luns 27 de outubro de 2025, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Debedes acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o martes 14 de outubro de 2025.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos débese posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Sigue os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembra que deberás anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberás ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, non dubidedes en chamar á sede.

COMPARTIR