CSIF logra que os substitutos cobren dende os primeiros días de setembro
- Empleo
- Retribuciones
30 de septiembre de 2025

Hai aproximadamente un ano, grazas á presión exercida por CSIF Ensino nas últimas reunións para tratar o Acordo de Interinos, a Consellería de Educación recoñeceu que o profesorado substituto contratado nos primeiros días de setembro tiña dereito a percibir os seus salarios dende esa mesma data ao igual que os interinos que comezaron a súa vinculación o 1 de setembro.
Durante semanas, CSIF Ensino insistiu na necesidade de regularizar unha situación que xeraba desigualdade entre o persoal docente. Finalmente, a Administración aceptou a reivindicación, o que supuxo un avance fundamental na defensa dos dereitos do profesorado substituto. Hoxe, este recoñecemento está a aplicarse, garantindo unha maior xustiza e igualdade nas condicións laborais do colectivo.
CSIF Ensino seguirá vixiando para que se cumpra plenamente e para continuar avanzando en melloras que dignifiquen o traballo docente.