Convocatoria do curso de formación para desenvolver a función directiva no ano 2025
- Formación
- Otra formación
16 de septiembre de 2025

A Consellería ven de facer pública a Resolución do 16 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o curso de formación para desenvolver a función directiva no ano 2025 que acredita para o acceso a postos de dirección en centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de Educación.
O profesorado interesado en participar na convocatoria deberá realizar a inscrición na aplicación Fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, (código da actividade G2501151)
Prazo do 17 ao 30 de setembro.
Achégase a esta nova a propia Resolución así como Anexo II de solicitude.