Concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas para prover postos de persoal docente en prazas SOMETIDAS A CONVENIO OU PROGRAMAS ESPECÍFICOS

  • Convocatorias

3 de junio de 2024

Orde do 21 de maio de 2024 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

  • O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria abranguerá desde o día 4 de xuño de 2024 ata o día 17 de xuño de 2024, ambos incluídos, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, empregando o procedemento normalizado ED013C.
  • Non se admitirá ningunha solicitude que non se presente por medios electrónicos empregando o procedemento normalizado ED013C.
  • As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude así como a folla de autobaremación que consta na sede electrónica no procedemento normalizado ED013C.
  • Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán actualizar o seu expediente persoal en relación cos méritos que se pretenden alegar neste concurso específico mediante o enderezo web www.edu.xunta.gal/datospersoais seleccionando a Convocatoria de prazas sometidas a convenio 2024 e presentar a dita solicitude por medios electrónicos no procedemento normalizado ED011A.

COMPARTIR