INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS. RELACIÓN PROVISIONAL DE VARIAS LISTAS DE SECUNDARIA E FP

  • Otros artículos

16 de febrero de 2022

 

 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional

 

Resolución do 16 de febreiro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591) (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.

  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas admitidas e excluídas e a relación provisional de persoas admitidas xunto co baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Informática (590107), de Equipos electrónicos (591202), Instalacións electrotécnicas (591206) e de Sistemas e aplicacións informáticas (591227)das persoas que xa figuran inscritas (anexo I).

TODA A INFORMACIÓN

  •  

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR