CXT: CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2022-2023.

  • Otros artículos

14 de octubre de 2022

Publicado no DOG

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2022-2023

 

ORDE do 4 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráicos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

SOLICITUDES: As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED012A), tamén poderán cubrirse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica.

PROCEDEMENTO:  ED012A

PRAZO: desde o día 17 de outubro ata o 7 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos.

O número de peticións que cada participante pode incluír na súa solicitude non poderá exceder de 300, aínda que estas poderán ser a centro e/ou localidades.

 

 

 

LIGAZÓN DOG

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR