OPOSICIÓNS GALICIA 2022. CONVOCATORIA DOS PROCESOS SELECTIVOS.
- Otros artículos
31 de enero de 2022

OPOSICIÓNS GALICIA 2022.
ORDE do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
As solicitudes poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.gal/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica
Na solicitude consignarase o código do corpo e, se é o caso, da especialidade que figuran nas bases desta convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles ( do 1 ao 21 de febreiro)computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG