OPOSICIÓNS 2022 - PUBLICACIÓN NO DOG DA RELACIÓN DO PERSOAL QUE SUPEROU O PROCEDEMENTO

  • Otros artículos

23 de agosto de 2022

OPOSICIÓNS 2022. PUBLICACIÓN NO DOG DA RELACIÓN DO PERSOAL QUE SUPEROU O PROCEDEMENTO

ORDE do 4 de agosto de 2022 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundarioprofesores de escolas oficiais de idiomasprofesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro).

As persoas opositoras seleccionadas que se relacionan no anexo deberán presentar por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a documentación que se relaciona na base décimo novena da Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 20, do 31 de xaneiro), no prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

LIGAZÓN AO DOG

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR