Convocatoria Comité de Seguridade e Saúde e Mesa Sectorial para o día 10 de novembro.

  • CSIF Informa

4 de noviembre de 2026

 A Dirección Xeral de Xustiza remite a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde e da Mesa sectorial de xustiza para o próximo martes 10 de novembro ás 09:15 h na sala Colmeiro da EGAP.
 
COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE (09:15 H-11:00 H)
Orde do día:
1. Información sobre GAS RADÓN. Asistirá como convidado D. Alberto Ruano Raviña (Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Director do Laboratorio de Radón de Galicia)
2. Avaliación sobre a necesidade da realización de estudos psicosociais: TI de PONTEAREAS e TI de Vilagarcía de Arousa.
3. Información sobre actuacións e obras. Nos próximos días remitirase a información de detalle das obras.
4. Rogos e Preguntas.
 
 
MESA SECTORIAL DE XUSTIZA (11:00 H)
 Orde do día:
1. Orzamentos 2027. Información sobre a creación de novas prazas de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Modificación das RPT.
2. Implantación do sistema procesual ATENEA.
3. Convocatoria EXTRAORDINARIA traxectoria profesional.
4. Calendario laboral 2027.
5. Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública.
6. Proposta de ampliación do periodo para gozar das vacacións e dos asuntos particulares 2026.
7. Información sobre a comarcalización das seccións de VSM de Vigo, Pontevedra e Lugo, datas e medidas de persal e medios materiais.
8. Gardas 24 h no IMELGA.
9. Rogos e preguntas.

COMPARTIR