Persoal funcionario da Administración de Xustiza de Ourense: Información de interese sobre una actividade formativa.

  • CSIF Informa

8 de octubre de 2026

Por mor de diversas consultas realizadas pola realización dunha actividade formativa en materia de prevención de riscos laborais para o persoal funcionario da Administración de Xustiza de Ourense, o Servizo de Prevención de Riscos Laborais desa provincia remite a seguinte información, agardando que se aclaren as posibles confusións que houbo entre o persoal: 

"A orixe desta acción formativa é a seguinte:

 Un accidente de traballo ocorrido no Edificio Xudicial de Ourense R/Velázquez s/n, o día 02/09/2025 (a unha traballadora manipulando unha caixa pesada caeulle nun pé) e do que se levou a cabo a correspondente investigación.

 Da devandita investigación despréndese que unha das causas que contribuíu ao accidente foi a falta de formación específica en materia de manexo de cargas, ergonomía e movementos repetitivos, por parte da traballadora afectada.

 En cumprimento do disposto no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, o cal establece a obriga do empresario/a de garantir que cada persoa traballadora reciba formación teórica e práctica, suficiente e adecuada, en materia preventiva, tanto no momento da súa contratación como cando se produzan cambios nas funcións ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo, e de conformidade co establecido no Plan de Prevención vixente na empresa, comunícaselle que se procederá á realización dunha acción formativa específica en liña dirixida á totalidade do persoal (da Xunta de Galicia) do centro de traballo.

 A formación elixida abrangue catro cursos de dúas horas cada un, que deberá realizar todo o persoal:

 Principios de Seguridade e saúde, riscos e medidas preventivas do posto de traballo (2 horas)

Oficinas e despachos: riscos e medidas preventivas (2 horas)

Pantallas de visualización de datos: riscos e medidas preventivas (2 horas)

Escadas manuais: Riscos e medidas preventivas (2 horas)

Informar que: 

  • Os cursos estarán operativos 6 meses de 1 de outubro a 31 de marzo
  • O persoal traballador recibirá un correo electrónico de Vitaly, no que haberá un enlace para acceder á formación.
  • En caso de que non o recibiran que verifiquen que non foi a correo de spam.

Tendo coñecemento de que moitas persoas traballadoras eliminaron o correo de Vitaly, por falta de información previa, a semana vindeira reenviarase un correo masivo a todo o mundo para que poidan acceder e realizar os cursos.

O aplicativo non distingue as persoas que xa accederon aos cursos, polo que volverán a recibir outro correo, estas persoas deberan borrar o correo; e o resto do persoal poderá acceder aos cursos."

 

COMPARTIR