Nova nota informativa sobre Atenea.

  • CSIF Informa

30 de septiembre de 2026


 Respecto ao proceso de implantación de Atenea en Galicia, dende a Dirección Xeral de Xustiza infórmase que:

 

O plan de traballo e calendario de implantación está condicionado por dous fitos que se deben acadar:

• O 01/01/2027 debe estar operativo Atenea en todos os tribunais de instancia, para habilitar o contador único por sección. O sistema Minerva non prevé esta funcionalidade.

• O 28/02/2027 o sistema de xestión procesual Minerva deixa de ser operativo a todos os efectos.

Tendo en conta estas premisas, estableceuse un plan de traballo que entra agora na fase de implantación efectiva nos tribunais de instancia. O calendario previsto de implantación é o seguinte:

• 05/10/2026: Inicio da implantación nos tribunais de instancia de Bande e Verín, que actuarán como órganos piloto.

• Do 05/10/2026 ao 05/12/2026: Implantación progresiva en todos os tribunais de instancia. Durante este período poderán convivir ambos sistemas de xestión procesal. Establécese, con carácter orientativo, un período dun mes dende a posta a disposición de Atenea en cada órgano ata a desactivación do acceso a Minerva.

• 05/12/2026: Atenea estará dispoñible en todos os tribunais de instancia.

• 21/12/2026: Eliminación do acceso a Minerva, agás nos SCACE.

• 01/01/2027: Atenea será o único sistema de xestión procesual operativo e activarase o contador único por sección.

• Do 01/01/2027 ao 28/02/2027: Implantación de Atenea nos SCACE.

• 28/02/2027: Apagado definitivo de Minerva.

Durante o período de implantación progresiva, do 05/10/2026 ao 05/12/2026, concretarase o calendario de cada tribunal de instancia.

 

Data prevista da primeira implantación de Atenea nun tribunal de instancia na instalación indicada

 

● Ourense (comprende todos os partidos xudicias da provincia e Audiencia Provincial de Ourense): 05/10/2026

 

● Ferrol (comprende o partido xudicial de Ferrol e todas as vilas da provincia de A Coruña): 13/10/2026

 

● Santiago de Compostela (comprende o partido xudicial de Santiago de Compostela, a Audiencia Provincial da Coruña e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia): 19/10/2026

 

● A Coruña (comprende o partido xudicial de A Coruña): 26/10/2026

 

● Pontevedra (comprende o partido xudicial de Pontevedra e todas as vilas da provincia de Pontevedra): 02/11/2026

 

● Vigo (comprende o partido xudicial de Vigo e a Audiencia Provincial de Pontevedra): 09/11/2026

 

● Lugo (comprende todos os partidos xudiciais da provincia e Audiencia Provincial de Lugo): 16/11/2026

 

Os calendarios concretos en cada tribunal de instancia comunicaranse previamente a cada un dos órganos implicados.

O proceso de implantación irá acompañado de actividades de capacitación adaptadas ao perfil das persoas usuarias e ao seu ámbito de traballo. O calendario destas sesións comunicarase e publicarase a través das canles habituais.

 

COMPARTIR