CSIF GAÑA A PRIMEIRA DEMANDA CONTRA A NUMO EN GALICIA.

  • CSIF Informa

22 de septiembre de 2026

A DEMANDA FOI PRESENTADA CONTRA A INSTRUCION 6/26 DITADA POLA SECRETARIA DE COORDINACION DE OURENSE

 En data 23 de Marzo de 2026, publicouse a Instrucción nº6/2026, do Director dos Servicios Comunes de Tramitación pola que se establecía o réxime de substitucions do persoal dos corpos de Xestión e Tramitación que prestan os seus servizos no edificio xudicial do Pazo de Xustiza de Ourense. Pola mesma, tramitadores e xestores debían substituírse en periodo estival sen facer distinción de áreas nin de corpos.

 En data 17 de Xullo presentouse por esta organizacion recurso contencioso administrativo contra o Acordo ditado no expediente gubernativo 24/2026, de data 8 de Xuño de 2026 pola Secretaría de Coordinación Provincial de Ourense.  A devandito acordo desestimaba o recurso de alzada presentado frente a Instrucción 6/2026 do Director dos Servzos Comuns de Tramitación.

 A instrucción baseaba a súa falaz argumentación en que as sedes físicas onde se ubicaban eran distintas do resto de persoal dos servizos comuns ubicados no novo Edificio Xudicial e tiña unha vixencia temporal limitada, polo que consideraban que se podían saltar a legalidade e a normativa sen problema algún, facendo trocos entre distintos corpos e distintas áreas dos servizos comúns.

 Por motivos de tempo e prazos, a demanda foi presentada con medida cautelarísima “inaudita parte”, que foi admitida e confirmada unha vez celebrada a oportuna vista oral, mediante auto de data 24 de Xullo.

 O DEVANDITO AUTO FOI DECLARADO FIRME POLO QUE SE CONVERTE NA PRIMEIRA RESOLUCIÓN GAÑADA POR UNHA ORGANIZACIÓN SINDICAL CONTRA A IMPLANTACIÓN ARBITRARIA DA NUMO EN GALICIA.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR