Respostas da Dirección Xeral de Xustiza á consultas varias formuladas por CSIF.
- CSIF Informa
22 de septiembre de 2026
Dende CSIF formulamos estas consultas á DXX e isto é o que nos contestan:
1) Tense listaxe das prazas para ofertar aos opositores da Quenda libre, Ope 2023, convocatoria orde PJC 64/2024 , e en todo caso, cando se nos trasladará a devandita información ás organizacións sindicais?
O Ministerio de Xustiza non informou da data prevista para a oferta dos postos e as tomas de posesión derivadas de ditos procesos. Cando o Ministerio informe das datas previstas para ofertar as prazas remitiránse ás organizacións sindicais.
2) Téñense xa os resultados das medicións do RADON nos órganos xudiciais de Galicia e cando se nos trasladará os resultados ás organizacións sindicais? Desde a celebración da Mesa do Comité de Saúde o pasado 30 de xuño, a día de hoxe, seguimos esperando os devanditos resultados.
Proximamente convocaráse o comité de seguridade e saúde, onde se dará conta de todo o referido ao gas radón.
3) Para poder anotarse como vixiantes aos exames de xustiza do próximo día 3 de outubro, pódese realizar devandita petición ao correo electrónico: servizo.persoal.xustiza@xunta.gal, ou a xustiza@xuntal.gal?
Infórmase de que o prazo para anotarse rematou xa e que contamos con todo o persoal que autoriza o Ministerio de Xustiza. Infórmase neste punto que todo o persoal ao servizo da administración de xustiza que así o solicitou, foi integrado na listaxe de persoal de vixilancia.