CSIF presentou queixa á Valedora do Pobo pola falta de negociación e posta en práctica do teletraballo.
- CSIF Informa
18 de septiembre de 2026
No día hoxe, este sindicato presentou unha queixa á Valedora do Pobo pola falta de negociación e posta en práctica da normativa de teletraballo na Administración de xustiza en Galicia por parte da Dirección Xeral de Xustiza.
Fíxoselle saber que a propia Xunta teno implantado para os seus funcionarios/as desde o 7 xaneiro de 2021 e en Xustiza seguimos esperando. Con esta queixa, esperamos que a Dirección Xeral,dunha vez por todas, implante o teletraballo en Xustiza.
Neste sentido, lembramos que o Real Decreto-lei 6/2023, do 19 de decembro, na súa Disposición final sexta, establece un mandato claro: “Tras a entrada en vigor do libro primeiro deste real decreto-lei, no prazo de doce meses, previa negociación colectiva, regularase o teletraballo e o posto de traballo deslocalizado como modalidades de prestación de servizos a distancia no ámbito da Administración de Xustiza. O desenvolvemento regulamentario da devandita modalidade de traballo efectuarase polas administracións competentes en materia de medios privados e materiais.”
Así mesmo, subliñamos que desde o pasado 25 de marzo de 2025 xa se conta co “MARCO COMÚN EN MATERIA DE TELETRABALLO” desenvolvido polo Grupo Técnico e asinado entre as Comunidades Autónomas con competencias transferidas e o Ministerio. Por tanto , non existe escusa técnica nin xurídica para seguir dilatando este proceso.